Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2015

Quinta xornada do curso de carpintaría: O calafateo e as espichas.

Imaxe
Esta semán xa rebasamos o ecuador deste pequeno Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. Os alumnos xa se van soltando. Algún xa se atreve coa serra de cinta. Continúan traballando na Punta Fiateira. Hoxe estiveron calafateando as xuntas con estopa, un procedemento que lles gustou moito á maioría. Outro grupo estivo traballando en refacer a  parte da regala que faltaba cara á popa, e facéndolle a busarda. Fixeron un traballo moi fino, o resultado foi estupendo. Viron tamén como se quitaba un nó que estaba solto e como se lle facía unha peza para tapalo. Son tarefas habituais no mantemento de embarcacións. Para repartir o traballo, o mestre levou a un pequeno grupo á Balbina para ensinarlles a detectar os cravos podres e a facerlle espichos e recravar os bances. Logo, para repasar coñecementos, volveron a facer outra plantilla dunha caderna, pasárona ó tablón, despezárona e a deixaron lista para armar outra caderna, como fi

Cuarta xornada do curso.

Imaxe
Cun pouquiño de retraso vos poñemos hoxe o resumo da cuarta xornada do Curso de carpintaría, que tivo lugar o pasado sábado 14. Na primeira parte da xornada, estiveron rematando de botar as táboas que quedaron pendentes da semán anterior. Volveron a practicar o frasquiado. E tamén o cravado, que a algúns resísteselle. Despois da pausa, aplicáronlle Xylamon fondo ás táboas novas, para protexer a madeira contra os fungos do podrén. Logo frasquiaron e colocaron unha peza no costado. Fixéronlle unha nova chumaceira, que a que tiña estaba partida. Aquí vemos como meteron un novo tallaaugas no raio de xúpiter do codaste ca quilla. Finalmente lixaron as táboas novas. Unha vez rematado o forro do barco, o mestre Pepe decideu ensinarlles a facer unha caderna completa, que ata o de agora só viran sobre o taboleiro. Fíxose de piñeiro, en vez de carballo, por tema de custes, e ademáis só era para mostra. Ensinóulles como se collían os cartamóns usando a

Terceira xornada do Curso de carpintaría: frasquiando.

Imaxe
Xa imos pola terceira xornada do curso.  Esta semán incorporáronse tres alumnos novos que por diversos motivos non poideron chegar ás dúas primeiras.     O mestre David prosigueu cunha explicacion sobre a pizarra do qué son os cartabóns , por se a algún alumno non lle quedara claro da pasada semán, indicándoo despois na Punta Fiateira. Unha vez rematada a explicación, David déulles unhas  leccións de afiado e demáis explicacións teóricas ós novos alumnos que se incorporaban hoxe.      Mentras, sobre o taboleiro,  Pepe ensinaba como coller os cartabóns.  E tamén empezaron a ver cómo se facía unha plantilla para sacar unha caderna. Mais tarde pasaron as plantillas  a un tablón e quedaron listas as pezas para cortar e montar na seguinte xornada. Despóis do descanso habitual, e xa na segunda parte da xornada, empezaron cos traballos na Punta Fiateira, unha canoa muradana.  Primeiro, Pepe i

Segunda xornada do Curso de Carpintaría

Imaxe
Este pasado sábado xa contamos coa presencia do mestre David, co que xa poidemos recuperar a charla técnica aprazada o sábado anterior. David, dóulles unha charla sobre as técnicas de afiado e asentado, e os que empezaron esta semán fixenron unha pequena práctica de afiado. Expricóulles cómo se procedía ó afiado de distintas ferramentas, trenchas, cepillos, serróns e serras. Tamén estivo falando das propiedades da madeira, febras, durezas, etc.... Un pouco antes do descanso, saíron a ver in situ na Balbina, en qué se tiñan que fixar para detectar partes dañadas na madeira, e dende onde tiñan que empezar a saneala. Logo, xa na segunda parte, estiveron vendo sobre un modelo de medio casco, cómo se quitaban as cadernas e como sacar as plantillas dende o taboleiro de formas. Xornada moi teórica pero que fixo manter a atención a todos os alumnnos. Para a semán empezarán as xornadas eminentemente prácticas.