Primeira xornada do 5º Curso de carpintaría de ribeira

Onte sábado 21, dou comenzo o 5º Curso de Carpintaría de ribeira.


Os alumnos, procedentes de distintos lugares da xeografía galega, Vigo, O Grove, Ferrol, Narón, A Coruña, O Burgo, Sada e Lorbé chegaron con puntualidade á primeira xornada.

Despóis dunha presentación inicial da Asociación e do Curso, pasamos diréctamente ás explicacións do mestre carpinteiro.

Nesta primeira xornada, como sabedes os que asistíchedes a outras edicións do curso, solemos dar unhas charlas técnicas sobre as ferramentas, estructuras da madeira, durezas, etc. pero nesta ocasión o mestre técnico David, tivo que ingresar no hospital ese mesmo día por un problema de saúde e tivemos que cambiar un pouquiño o desenrolo da xornada. Deixaremos aprazada para vindeiras xornadas a charla técnica.

Desexámoslle que se recupere canto antes, que iso é o máis importante.

Ó ter que cambiar a planificación da xornada, Pepe, o mestre, dóulles unha pequena introducción de cómo se empezaba a construcción dun barco, partindo dun medio casco ou dunhas plantillas.

Algúns pareceron entendelo á primeira, a outros notábaselles que non comprendía ben as verbas do léxico técnico do mestre carpinteiro. Os que xa estivemos presentes en varias edicións dos cursos, sabemos perféctamente que nunha hora é imposible entender todo iso, e algúns alumnos de cursos anteriores poden dar fé de que só se comprende ben, cando se teñen sacado, cortado e ensamblado moitas cadernas.


O mestre, ó ver as dúbidas de algúns decideu non saturalos e pasar a outra cuestión, xa que terán tempo a ver na práctica como facer cadernas e familiarizarse cos termos usados polo mestre Pepe: "varenghas, genoles, cartamón, liñas de auga, etc... "

Como nos cursos temos alumnos de todas as tipoloxías, algúns que son uns verdadeiros manitas, pero outros que non suelen traballar con ferramentas, sempre damos unhas nocións de afiado de ferramentas, porque traballar con ferramentas ben afiadas minimiza os riscos de accidente xa que non se precisa facer excesiva forza con elas.


Sabemos que para xente que xa esté afeita a facer estas operacións, ísto fáiselle un pouco monótono, pero é mellor sempre repasar istas nocións, ó tempo que percibimos vicios adquiridos.

E alá se puxeron un por un a pasar polo esmiril e afiar a súa trencha.


Logo lles tocou asentala na pedra.

Chegou o tempo do descanso, que xa algún me estaba preguntando pola pausa, e aproveitamos para ter uns momentos de tertulia e contemplar un libro de fotografías de embarcacións tradicionais.


Unha vez que tiñan a ferramenta ben afiada, por suposto, tiñan que comprobar que así o estaba, co que o mestre lles encargou que fixeran unha caixa nunhas pezas de madeira, como para facer un espigo.

Ahí xa íbamos notando quen o fixera algunha vez, e os que non colleran a trencha nunca, e o mestre íballes correxindo os fallos.


Logo, pasaron á cuberta da Balbina, onde o mestre lles explicaba in situ cales eran as cadernas, que estaban compostas de genoles e varenghas, os dumintes, etc...


Unha vez baixaron da Balbina, pasaron a velas na pizarra. Como ía montada a regala, o trancanil, etc...


Para o vindeiro sábado, xa está previsto que se poñan a traballar in situ nalgún barco.








Comentarios