Primeira xornada do 5º Curso de carpintaría de ribeira
Onte sábado 21, dou comenzo o 5º Curso de Carpintaría de ribeira. Os alumnos, procedentes de distintos lugares da xeografía galega, Vigo, O Grove, Ferrol, Narón, A Coruña, O Burgo, Sada e Lorbé chegaron con puntualidade á primeira xornada. Despóis dunha presentación inicial da Asociación e do Curso, pasamos diréctamente ás explicacións do mestre carpinteiro. Nesta primeira xornada, como sabedes os que asistíchedes a outras edicións do curso, solemos dar unhas charlas técnicas sobre as ferramentas, estructuras da madeira, durezas, etc. pero nesta ocasión o mestre técnico David, tivo que ingresar no hospital ese mesmo día por un problema de saúde e tivemos que cambiar un pouquiño o desenrolo da xornada. Deixaremos aprazada para vindeiras xornadas a charla técnica. Desexámoslle que se recupere canto antes, que iso é o máis importante. Ó ter que cambiar a planificación da xornada, Pepe, o mestre, dóulles unha pequena introducción de cómo se empezaba a construcción dun barco, p