Asamblea dos Patexeiros
O pasado sábado 17 de xaneiro tiveron lugar no noso local de Lorbé as Asambleas de socios, para elexir á nova xunta directiva e para presentar as contas da Asociación, evaluar as actividades feitas durante o ano 2014, aprobar o orzamento para este ano e propoñer as novas actividades para o ano 2015.
Na xunta directiva este ano houbo algún relevo, non era sen tempo, afortunádamente os socios vanse implicando no desenvolvemento da Asociación, e contamos con novo vicepresidente, secretario e vogal.
Un dos socios nos presentou un estupendo proxecto que levaremos adiante nos vindeiros anos.
Tamén deixamos fixadas as datas dos eventos máis importantes que solemos organizar.
- A partires de febreiro comenzaremos unha nova edición dos xa famosos Cursos de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais.
- O 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas faremos a festa da botadura dos barcos ó mar, que marcará o inicio da tempada de navegación. (ainda que hai socios con mono de velear que a empezarán antes)
- A VII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela, quedou fixada, coma todos os anos, para os últimos sábados dos meses de verán. A primeira regata será o 27 de xuño, a segunda o 29 de agosto, e a terceira o 26 de setembro. Saltámonos a regata de xullo para non coincidir coa Regata dos amigos de Redes, que a teñen prevista para o 25 de xullo.
Como o ano pasado, tamén puntuará para a Copa Balbina a regata da Concentración organizada polos nosos amigos do Club Marítimo de Perbes, que está calendada para o sábado 1 de agosto.
- A III Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais quedou calendada para os días 18 e 19 de xullo.
E por suposto, estaremos presentes no XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, nas concentracións de Redes, Perbes, Ares, Ferrol, e nas que se tercie, que cada día temos máis xente brava na Asociación.
Irémosvos informando puntualmente nesta web e no noso facebook.

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com