Visita ós estaleiros de Casqueiro e Carlagho en Moaña
Aproveitando a asistencia á Asemblea da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e atendendo ó chamamento dos amigos da Asociación Sueste, de Moaña, o pasado sábado acudimos dous membros da A.C.M. Os Patexeiros a visitar os estaleiros de Casqueiro e Carlagho.
Estes estaleiros tradicionais, dos poucos que quedan en Galiza, están a carón do paseo marítimo de Moaña, e corren serio perigo de desaparecer por mor do proxecto de construcción dun novo tramo do paseo marítimo que presentou o Concello de Moaña e que obrigaría á expropiación dunha parte dos estaleiros, por onde pasaría o paseo e á nivelación coa rasante da calle, co que os dous estaleiros desaparecerían completamente. Desaparecería tamén as vellas rampas do estaleiro ó mar.
Membros da Asociación Sueste explicáronnos que nin eles nin as asociacións de veciños que se opoñen a ese proxecto do Concello, están en contra da construcción do paseo, é máis, eles mesmos pediron que se rematara a parte de paseo que quedaba pendente tras a última actuación de Costas.
Co que non están de acordo é co proxecto elexido polo Concello. Tanto as Asociacións de veciños, A Praia- A Seara, e a Asociación Sueste apoian un proxecto do arquitecto Juan Manuel Fernández Rivas que contemplaba un paseo marítimo de madeira, sobre pilotes, que respetaría os estaleiros que forman parte do patrimonio marítimo de Galiza. Este paseo sobre pilotes bordearía os estaleiros e contaría cunha ponte levadiza, tipo holandesa, que se levantaría cunha manivela cando houbera que acceder con barcos ós estaleiros.
Nesta ligazón tedes información completa sobre o proxecto alternativo presentado por este arquitecto.
http://www.culturamaritima.org/files/CONCURSO_SEARA_2013_juan%20rivas.pdf
O máis chocante é que a proposta deste arquitecto non resulta máis cara cá proposta do Concello, que aboga pola solución "clásica" de comerlle máis espazo ó mar a base de pedras, terra e formigón.
Un descendente dos fundadores dun dos estaleiros, expricóunos que nese estaleiro levábase a cabo en distintas zonas, todo o proceso constructivo dunha embarcación, dende o deseño, o serrado dos troncos, o almacenaxe e secado da madeira, o afiado das serras, e a construcción en sí, ata que o barco saía ó mar pola rampa de botadura.
Como vedes polas fotos, o estaleiro de Casqueiro consérvase en bastante bo estado.
E é utilizado xunto co estaleiro de Carlagho como sede da Asociación e para levar ó cabo os traballos de mantemento nos barcos da Asociación.
Ademáis diso tamén solen facer campos de traballo sobre a carpintaría de ribeira, onde os asistentes se familiarizan cas operacións de mantemento.
A Asociación Sueste solicita das distintas administracións públicas o compromiso de traballaren pola CONSERVACIÓN, POSTA EN VALOR E MUSEALIZACIÓN VIVA DOS ESTALEIROS DE RIBEIRA DE CARLAGHO E CASQUEIRO.
Tras ver e escoitar o exposto polas asociacións que se opoñen ó proxecto do Concello, a Asamblea da FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL decidiu por unanimidade dar o seu apoio á conservación destes dous estaleiros, aprobando os seguintes puntos:
(Fonte: web da FGCMF)
Estes son os puntos aprobados pola Asemblea:
1. A FGCMF apoia as iniciativas de rexeneración e ordenación urbana como a que se quere levar a cabo na zona da Seara que leva implícita a exoneración da franxa costeira e construción dun paseo marítimo. Porén esta actuación debe ser compatíbel coa conservación e posta en valor dos elementos patrimoniais que singularizaron dita contorna, nomeadamente as carpintarías de ribeira do “Carlagho” e “Casqueiro”.
2. A FGCMF, apoia o estudo de alternativas que permitan esta conservación como o proxecto presentado pola A.V.V. A Praia – A Seara de Moaña, que integra modernidade e tradición.
3. A FGCMF fai chamamento ás distintas administracións públicas para que, no momento de caducidade das concesións, as carpintarías de ribeira de “Carlagho” e “Casqueiro” pasen a ben público destinadas á divulgación dos saberes da construción naval en madeira, tal como aconteceu na vila de Bueu coa Carpintaría de Ribeira de “Purro”.
4. A FGCMF apoia, en definitiva, o MANIFESTO POLA CONSERVACIÓN, POSTA EN VALOR E MUSEALIZACIÓN DAS CARPINTARÍAS DE RIBEIRA DE “CARLAGHO” E “CASQUEIRO” (MOAÑA).
Poderiamos resumir estes catro puntos en que a FGCMF quere que se constrúa o paseo marítimo, pero que se respete e integre no proxecto o patrimonio da zona, especialmente os estaleiros e o seu acceso ao mar.
Esperemos que as peticións sexan escoitadas polas distintas administracións implicadas e non sigamos facendo desaparecer o noso patrimonio, o patrimonio de TODOS.
Unha suxerencia ós amigos de Sueste: Para outra vez, a ver se nos facedes unha fogueiriña dentro dun barril, e levades unha botelliña de licor café para quentar o corpo, que mira que pasamos frio alí sentados durante máis de tres horas!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Dorna nai, recentemente chegada ó estaleiro para a súa restauración.
Un descendente dos fundadores dun dos estaleiros, expricóunos que nese estaleiro levábase a cabo en distintas zonas, todo o proceso constructivo dunha embarcación, dende o deseño, o serrado dos troncos, o almacenaxe e secado da madeira, o afiado das serras, e a construcción en sí, ata que o barco saía ó mar pola rampa de botadura.
Tronzadora. Os troncos entraban por unha porta e a traveso dun carro sobre raís íbanse cortando.
Como vedes polas fotos, o estaleiro de Casqueiro consérvase en bastante bo estado.
E é utilizado xunto co estaleiro de Carlagho como sede da Asociación e para levar ó cabo os traballos de mantemento nos barcos da Asociación.
Ademáis diso tamén solen facer campos de traballo sobre a carpintaría de ribeira, onde os asistentes se familiarizan cas operacións de mantemento.
A Asociación Sueste solicita das distintas administracións públicas o compromiso de traballaren pola CONSERVACIÓN, POSTA EN VALOR E MUSEALIZACIÓN VIVA DOS ESTALEIROS DE RIBEIRA DE CARLAGHO E CASQUEIRO.
Máquina afiadora das serras de cinta
Tras ver e escoitar o exposto polas asociacións que se opoñen ó proxecto do Concello, a Asamblea da FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL decidiu por unanimidade dar o seu apoio á conservación destes dous estaleiros, aprobando os seguintes puntos:
(Fonte: web da FGCMF)
Estes son os puntos aprobados pola Asemblea:
1. A FGCMF apoia as iniciativas de rexeneración e ordenación urbana como a que se quere levar a cabo na zona da Seara que leva implícita a exoneración da franxa costeira e construción dun paseo marítimo. Porén esta actuación debe ser compatíbel coa conservación e posta en valor dos elementos patrimoniais que singularizaron dita contorna, nomeadamente as carpintarías de ribeira do “Carlagho” e “Casqueiro”.
2. A FGCMF, apoia o estudo de alternativas que permitan esta conservación como o proxecto presentado pola A.V.V. A Praia – A Seara de Moaña, que integra modernidade e tradición.
3. A FGCMF fai chamamento ás distintas administracións públicas para que, no momento de caducidade das concesións, as carpintarías de ribeira de “Carlagho” e “Casqueiro” pasen a ben público destinadas á divulgación dos saberes da construción naval en madeira, tal como aconteceu na vila de Bueu coa Carpintaría de Ribeira de “Purro”.
4. A FGCMF apoia, en definitiva, o MANIFESTO POLA CONSERVACIÓN, POSTA EN VALOR E MUSEALIZACIÓN DAS CARPINTARÍAS DE RIBEIRA DE “CARLAGHO” E “CASQUEIRO” (MOAÑA).
Poderiamos resumir estes catro puntos en que a FGCMF quere que se constrúa o paseo marítimo, pero que se respete e integre no proxecto o patrimonio da zona, especialmente os estaleiros e o seu acceso ao mar.
Esperemos que as peticións sexan escoitadas polas distintas administracións implicadas e non sigamos facendo desaparecer o noso patrimonio, o patrimonio de TODOS.
Unha suxerencia ós amigos de Sueste: Para outra vez, a ver se nos facedes unha fogueiriña dentro dun barril, e levades unha botelliña de licor café para quentar o corpo, que mira que pasamos frio alí sentados durante máis de tres horas!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Me llamo José y tengo un pequeño taller
ResponderEliminarReciente mente e rescatado de la fundición un motor LARRAN de dos cilindros y un LAVAL 108 B semi diesel de un barco de pesca de los años 20 de 12 m eslora y 5 m manga y pienso darles vida de nuevo.
si me dais un enlace os mando fotografías.
Por cierto este mes de Septiembre pasare una semana de vacaciones en vuestra tierra, Por la zona de Cedeira (puedo visitaros y ver la embarcación BALBINA ) o simplemente tomar unas cervezas y hablar .
Les saludo atenta mente .
José Sánchez