Fin de semá atarefado.
O venres, Jaime e Pepe reflotaron a Leliadoura, que se enchera de auga polas fortes choivas e foi ó fondo. Ese mesmo venres pola tarde levámola para Lorbé, para darlle uns retoques de cara á vindeira tempada. Ó chegar a Lorbé lavámola un pouco, pero xa se facía de noite e non se vía nada. Achicámola e tapámola cunha lona. Atopamos polizóns a bordo, que Pablo, na súa condición de ecoloxista, foi devolver ó mar, prometéndolle que cando fora grande non o ceibaría tan alégremente. Tamén varamos a Balbina. Varada anual para facer traballos de mantemento, e a ver se dunha vez conseguimos facerlle a caseta e poñela a navegar. Esta mañán tocóulle limpeza. Chove moito. Enfúndome nunha roupa de augas, e escollo a ferramenta axeitada. Tiña onde elexir. Empezo a rascar o casco. Ésto non é un barco.....é unha batea!!!!!. Máis de 200 kilos de mexilón tiña na obra viva. Dudei se levalos á depuradora e sacar uns cartos.... Dou fé que algúns eran de bo tamaño. Aume