Unha pequena delegación dos Patexeiros no Festival Marea Alta da Coruña
Nestes dias, vense celebrando na Coruña o Festival Marea Alta, que conta entre outras cousas cunha
marabillosa exposición Skeleton Sea dos artistas, Joao
Parrinha e Xandi Kreuzeder, e que esta composta de increíbles
esculturas integramente feitas con lixo non biodegredable atopado nas
praias.
No marco desta iniciativa artística
celebrouse un obradoiro artístico para cativos, tamén co mesmo
sentido, tratando de converter lixo atopado nas praias en pequenas
obras de arte.
E Así foi, e alá fumos unha pequena
delegación patexeira cos dous dos socios mais novos, a participar
activamente nesta marabillosa iniciativa
De xeito que ate o 2 de Novembro estas
pequenas obras de arte poderan ser vistas na Exposición no recinto
de PALEXCO.
Persoalmente penso que paga moito a
pena ver esta Mostra. E unha destas exposicións que marcan un antes e
un despois no visitante, destas que fan reflexionar sobre qué
estamos a facer con noso planeta.
Xa o sabiamos, claro que si, xa
imaxinabamos praias dos cinco continentes cheas de plásticos botados
por todos/as, e xa o temos escoitado moitas veces protestar, pero
nunca dun xeito tan agarimoso e contundente, provocándonos dúas
sensacións contrarias ao mesmo tempo: admiración e indignación.
Mezcla de emocións bipolar, e polo
tanto explosiva, polo que penso que non deixa ou mellor dito, non
debería deixar indiferente a niguén.
E lembrade, ahí nalgún sitio das
exposicións dos obradoiros feitos cos nenos, tedes as duas obras de
sendos patexeiros
¡ A ver se as atopades !
Mais información en :
http://www.festivalmareaalta.org/
by Miguel M.
by Miguel M.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com