Os Patexeiros no Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes (o sábado 2 de agosto)

Ameazaba choiva, pero tiñamos que cumprir cos amigos de Perbes, que acuden cada ano ós nosos eventos, e  "é de bo nacido ser agradecido". E alá nos fomos.


Tres barcos da flota patexeira, A Desexada tripulada por Dolores, Moncho e o que escribe, Jose "o palmeirán", a Boaventura tripulada por Jaime e Pepe e A Feituca, tripulada por Pablo e Chimpo, saímos de Sada sobre as 11:45 rumbo a Perbes.


Sabíamos que iba a chover, pero íbamos preparados para a molladura, bueno, iso algúns, porque Chimpo non dou atopado unha roupa daugas que lle servira e foi "a cuerpo". Prometemos que lle daremos solución a ese tema.

En Sada, o tempo era estupendo, algo anubado, bo ventiño, e con empanadillas e cervexas a bordo saímos primeiro os da Desexada e os da Feituca. A Boaventura demoraríase ainda uns quince minutiños.

Chegamos enseguida frente a Perbes, pero apetecía navegar, e ainda que empezaba a chover, seguimos dando bordos.


A choiva arreciou, ou mar fervía, a molladura era descomunal.  Dolores, tiña que estar achicando de vez en cando, pero queríamos navegar e seguimos dando bordos, e procurábamos non afastarnos dos outros barcos porque a visibilidade era moi pouca.


Mantíñamos sempre a vista sobre a Feituca e a Boaventura.


Chimpo, co pantalón corto e unha camiseta estaba mollado a pingar.

Choveu e choveu con ganas, pero só por algo máis de media hora. Enseguida veu un claro e nos fomos achegando ó Porto de Perbes.


Xa vimos e oímos os berros do anfitrión Jose Carballo polo megáfono, acompañado do seu fillo Dani, padriño da nosa buceta Leliadoura.

Fomos indo rumbo ó porto mentras a Feituca e a Boaventura se xuntaban para intercambiarse cervexas e empanadillas.


Chegaron os boteiros Jose e Dani a recollernos. Dani co megáfono decíndonos "Ola Patexeiros!!!!!"


Fondeamos nos lugares que tiñamos reservados e nos foron levando a terra ás tres tripulacións.


Tras unha visita á sede do Clube Marítimo de Perbes, na que nos agasallaron cun refrixerio, que agradecemos, porque de tanto mollarnos por fora xa tiñamos ganas de mollarnos por dentro.

Logo fomos comer a un mesón do pobo, onde tamén nos atopamos cos tripulantes das demáis embarcacións participantes que parecían estar trazando as estratexias a seguir na regata.

Comida lixeira a base de chipirons, raxo, zorza e pimentos de Padrón, para non cargar moito as barrigas.

Dolores despidéuse de nós, pois tiña que entrar a traballar.

Á hora convida, presentámonos no porto para embarcar.

Saíron todos os barcos, pero ó soltar o amarre do fondeo da Desexada, cando xa tiñamos as velas izadas, enganchóusenos o cabo do fondeo no temón e non había maneira de sacalo. A organización achegóusenos no bote de apoio e optaron por picar o cabo do fondeo.

Intentamos meter o temón, pero non entraba. Sacábamos e metíamos o temón e negábase a entrar na agulla. Debíamos ter a guia liada ou pasada por debaixo da femia.

Dixémoslle ó bote da organización que foran indo e que deran a saída, que nós xa apareceríamos.

Seguimos intentándoo sen resultados. Ata que se achegou a nós o sogro de Jose Carballo, o patrón do Fesa, que nada máis ver o que nos pasaba, quitóuse a roupa e tiróuse ó mar, e buceando metéunos o timón e poidemos sair.

Con bó vento, enseguida chegamos ás boias de saída e ainda estaban na sinal de 5 minutos para a saída. Chegáramos a tempo.


Nada máis dar a saída, como sempre, Albatros, Boaventura e Osorio, expertos os tres en saídas, collíana de primeiros. A Desexada saímos de cuartos e os outros tres barcos, A Feituca, a Punta Coitelada e o Trasno quedaban ainda por sair.


A Albatros tomaba ventaxa, seguida da Boaventura e Osorio, pero nós íbamos como foguetes e xa no primeiro bordo tomámoslles a dianteira a Boaventura e Osorio, que tiñan problemas co vento e ocupamos a segunda praza, que xa non abandonaríamos ata o final.


Demos dúas voltas ó triángulo e a dorna Albatros foi xusta gañadora cun marxe de un bordo sobre nós (A Desexada).

Boaventura e Osorio volvéronse a liar co vento nunha das últimas boias e perderon moito tempo.


Entrou terceira a Boaventura e cuarta Osorio.

As outras tres embarcacións non completaron o percorrido.

Unha vez rematada a regata, a Boaventura e a Feituca decidiron voltar rumbo a Sada, para voltar por estrada á entrega de agasallos e á merenda-cea a base de marmitako.

Nós desembarcamos, pero ó ver que eles se iban, embarcamos de novo e tamén levamos A Desexada a Sada, nunha travesía moi bonita, cun ventiño agradable e que só encalmou xusto á altura do espigón do porto de Sada.

Despóis de amarrar, collemos o coche e alá nos fomos ó local do Club Marítimo de Perbes, para a entrega de agasallos e a tomar o famoso marmitako, que damos fé de que estaba impresionante.


Á tripulación da Desexada tocóulle unha estupenda cazadora Slam que se levou Moncho (o patrón de regata) e que o fixo estar máis contento que unhas castañolas. Non se quitaba a cazadora de encima ainda que se morría de calor.


Á tripulación da Feituca tocóulles unha sudadeira que por cuestión de talla, levóuse Pablo, e ós da Boaventura lles tocou unha viseira.

Cando saímos do Club, parecía que viñamos do Corte Injlés cargados de bolsas.

Gustóunos moito este Primeiro Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes. Xa esperamos con ansias asistir ó segundo.

Agora a seguir navegando, que este vindeiro sábado día 9 temos a Concentración de Ares, e tamén alí estarán Os Patexeiros cos seus barcos.

Recordamos que esta regata extraordinara de Perbes era puntuable para a Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela.

Palmeirán 


Comentarios