Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2014

Rumbo á Regata de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes - Viaxe a ningures

Imaxe
O sábado da xuntanza de Redes, sobre as once da mañá reunímonos no embarcadoiro os Monchos (Cerviño e Chimpo), Miguel Marta, un amigo que de vez en cando navega na Feituca (Jose Luis "o do Emporio") mais eu, Pablo. A nosa intención inicial era chegar a Redes para participar no encontro que ia celebrarse. Para iso agardaban A Desexada e A Feituca con impacienza. Despóis de aparellar ambas embarcacións, saímos. O patrón da feituca decidiu pasar por enriba dun fondeo, non sabemos si con intención de levalo pa Redes ou ben  por aquelo de darlle algo de ventaxa a Desexada. O resultado foi que tivo que desmontar o temón, e dada a sua capacidade, e a sua longa experiencia que vai collendo tras duas semanas de duro entrenamento... rematou no mar, buceando e colocando no seu sitio dita peza indispensable para a navegación. Para escándalo de algunha vella que paseaba nese momento polo paseo de Sada... fíxoo totalmente espido. A navegación comenzou cun forte

Resumo da II Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais

Imaxe
Os pasados 19 e 20 de xullo tivo lugar en Sada a II Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais. Xa o ano pasado tivemos a mala sorte de que nos choveu todo o día e poucos barcos se animaron a achegarse a Sada. Este ano, tamén o parte nos daba malos augurios e temíamos o peor. Dous anos seguidos con mal tempo xa desesperan a calqueira. Esta II Xuntanza coincidía ca Feira Mariñeira de Sada e cas festas do Carme. O Concello de Sada e a Asociación de Empresarios de Sada facilitáronnos un bo espazo na parte de atrás da Feira e puxéronnos tomas de corriente. Empezamos a montar as carpas o venres pola tarde, pero tivemos que deixalas sen montar polas tremendas chuvieiras que caeron ó longo de toda a tarde-noite. Á mañán seguinte continuamos montando as carpas. Este ano dispoñíamos da carpa patexeira onde montamos habitualmente as exposicións, e doutra carpa, cedida polo Concello, onde tiñamos o "hospitality" para os tripulantes. Ademáis estaban expostas a buce