Programa da II Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais
PROGRAMA DA II XUNTANZA PATEXEIRA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
VENRES 18
Montaxe da carpa Patexeira
Navegación libre de embarcacións da flota patexeira
SÁBADO 19
11:00 Apertura da carpa Patexeira con exposicións de material Patexeiro, fotografías, obradoiro de oleiría e de carpintaría de ribeira.
11:30 Recepción de embarcacións e tripulantes.
13:00 Primera saída ó mar de todas as embarcacións presentes.
14:30 Comida-Pinchada para os tripulantes
16:30 Segúnda saída ó mar das embarcacións
19:00 Participación na procesión da Virxe do Carme de todas aquelas embarcacións que o desexen.
21:00 Merenda-Pinchada para os tripulantes que desexen quedarse.
21:30 Entrega de agasallos.
DOMINGO 20
11:00 Apertura da carpa Patexeira
13:00 Saída a navegar
16:30 Saída a navegar
22:00 Peche da Carpa Patexeira e recollida.
MARÉAS PARA O FIN DE SEMÁN
SÁBADO 19..... baixando dende as 10:37 . Baixa ás 16:40 Coeficiente de marea 54 (marea normal)
DOMINGO 20....baixando dende as 11:43 . Baixa ás 17.51 Coeficiente de marea 50 (marea normal)
O TEMPO PARA O SÁBADO (SEGÚN METEOGALICIA A DÍA DE HOXE)
O paso dun sistema frontal durante as primeiras horas da xornada
deixará unha atmosfera moi inestable en Galicia. Durante a madrugada e
primeiras horas da mañá os chuvascos serán xeneralizados, aínda que
tenderán a perder intensidade e a ir desaparecendo a medida que avance a
xornada. A presenza das nubes fará que as temperaturas da madrugada
sexan algo máis altas que nos días anteriores, pero as máximas
descenderán novamente polo que en xeral os valores serán baixos para a
época do ano. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con
intervalos de moderado no terzo norte a partir do mediodía. Así que nada que non se poida amañar cunha roupa de augas por se nos colle un chuvasco cando estemos navegando.
O TEMPO PARA O DOMINGO (SEGÚN METEOGALICIA A DÍA DE HOXE)
Entre o domingo e o mércores as altas presións volverán a entrar en
Galicia, polo que o domingo será un día de transición no que comezaremos
aínda con nubes pero tenderán a abrirse grandes claros co paso das
horas. Entre o luns e o mércores o tempo máis probable é moi próximo á
climatoloxía desta época do ano, con predominio de sol e temperaturas
que no sur pódense achegarse ou superar os 30ºC, mentres que no norte
quedaremos entre os 20ºC e os 25ºC. A partir do xoves unha zona de aire
frío en altura fará que o tempo sexa máis cambiante.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com