Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2014

URXENTE: APRAZAMENTO DA II REGATA DA COPA BALBINA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS A VELA.

Imaxe
Por mor da coincidencia ca Regata Concentración de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes, vémonos na obriga de aprazar a II Regata da Copa Balbina prevista para este sábado 26 de xullo e que tiñamos calendada dende mediados de Xaneiro e comunicada a data á FGCMF (como todos os nosos eventos no mar), para que os dous eventos non se solapen e deriven en detrimento das dúas Asociacións que os organizamos. Xa é difícil organizar cousas como para que logo a xente non vaia a algún por exceso de oferta na mesma zona. Pedimos disculpas ós participantes asíduos á participación nas nosas Regatas. Quedamos á espera de decidir a nova data para esta regata, a cal comunicaremos en canto a teñamos elexida.

Programa da II Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais

Imaxe
PROGRAMA DA II XUNTANZA PATEXEIRA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS VENRES 18 Montaxe da carpa Patexeira Navegación libre de embarcacións da flota patexeira SÁBADO 19 11:00 Apertura da carpa Patexeira con exposicións de material Patexeiro, fotografías, obradoiro de oleiría e de carpintaría de ribeira. 11:30 Recepción de embarcacións e tripulantes. 13:00 Primera saída ó mar de todas as embarcacións presentes. 14:30 Comida-Pinchada para os tripulantes 16:30 Segúnda saída ó mar das embarcacións 19:00 Participación na procesión da Virxe do Carme de todas aquelas embarcacións que o desexen. 21:00 Merenda-Pinchada para os tripulantes que desexen quedarse. 21:30 Entrega de agasallos. DOMINGO 20 11:00 Apertura da carpa Patexeira 13:00 Saída a navegar 16:30 Saída a navegar 22:00 Peche da Carpa Patexeira e recollida. MARÉAS PARA O FIN DE SEMÁN SÁBADO 19..... baixando dende as 10:37 . Baixa ás 16:40 Coeficiente de marea 54 (marea normal) DOMINGO 20....baixando dende as 11:43 . Baixa á

II XUNTANZA PATEXEIRA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Imaxe
Recordámosvos que o vindeiro sábado día 19 e o domingo 20 terá lugar en Sada a II Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais. Por favor, todas as embarcacións que teñades pensado asistir, enviádenos os datos das esloras ó noso mail patexeiros@hotmail.com para reservarvos a praza no pantalán. En breve publicaremos o programa da Xuntanza, pero xa vos adiantamos que se navegará o sábado pola mañán e pola tarde e tamén o domingo á mañán e á tarde, así que non tedes disculpa para non vir. Grazas especiais ó Concello de Sada e a Marina Sada pola cesión do espazo para levar adiante esta Xuntanza.

Clasificación da Copa Balbina

Imaxe
O pasado sábado día 28 de xuño, desputóuse en augas de Sada a primeira proba da Copa Balbina 2014, que xa vai pola súa VI Edición. Quedóuse unha boa tarde para regatear, bastante soleada e con un vento constante. A esta primeira cita acudiron 6 embarcacións: Os incombustibles Arxil e  O Sorio, dende Ares, a Teresa, tamén de Ares, Albatros dende Perbes, e A Desexada e Boaventura dos Patexeiros. Tal e como prometéramos no regulamento, fixéronse dúas mangas.  A Boaventura, con Jaime á caña fíxose coas dúas mangas, seguida nas dúas ocasións pola dorna Albatros de Perbes, que según parece, tras a reparación que "sufreu" este inverno, ven con gañas de facerse coa Copa Balbina deste ano. A Teresa e A Desexada fóronse turnando ca terceira e a cuarta praza, e o mesmo fixeron Arxil e Osorio coa quinta e sexta. A xente xa tiña ganas de ver esas velas tan bonitas navegando no mar de Sada. Esperemos que para a seguinte proba se xunten máis barcos para facela ainda m

Resumo do San Xoan Patexeiro

Imaxe
Outro ano máis celebramos xunto cos compañeiros do CNRS (Recreativo de Sada) o San Xoan. Como á tardiña se puxo a chover non foi posible facer a festa na rampa como todos os anos, así que se desplazou a infraestructura á Escola de vela. Por un lado asábase o churrasco e polo outro as sardiñas. Foi preciso montar unha lona fora para que non se mollara o xénero. Moitos amigos se achegaron a Sada a celebralo con nós. Estaban os alumnos da Escola de vela do CNRS e tamén moitos pais, varios Patexeiros coas familias e tivemos o pracer de contar coa presencia de Pepe, o carpinteiro de Lorbé, coa sua familia. (Foto CNRS) Cando parou a choiva púdose facer unha fogueira ó lado da rampa, e tamén a tradicional queimada. Os máis atrevidos saltaron a fogueira Debido ás condicións climatolóxicas tívose que suspender a navegación nocturna prevista. Outro ano será.