Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2014

Barcos ó mar - Festa da botadura - Día das Letras Galegas

Imaxe
Este sábado pasado, tivo lugar en Sada a nosa I Festa da botadura, na que ademáis de botar os barcos nos que habitualmente navegamos, aproveitamos para botar a nova buceta LeliaDoura. A Desexada e a LeliaDoura saían a última hora da mañán por estrada dende Lorbé rumbo a Sada. Tivemos que apurar moito os tempos e no caso da pintura fíxose moi a última hora, co que tivemos algún problemiña de "chorreos" no caso da Leliadoura, ó estar sumerxida día e medio e non ter secado ben o alquitrán co Xylazel. Uns preparativos de última hora en Sada, colocarlle o rótulo co nome á buceta Lelia Doura, e retocar a patente fixo que nos demoráramos uns minutiños sobre o horario previsto. Xa ás 17:00 había varios convidados arredor da rampa de Sada onde estaban a Boaventura e a Desexada, e tamén na Escola de vela onde se atopaba a LeliaDoura. Sobre as 17:30 chegou o grupo de Gaitas de Cántigas da Terra que nos acompañarían durante este acto, tocando varias pezas

Festa da botadura - Día das Letras Galegas

Imaxe
A A.C.M. Os Patexeiros, temos o pracer de convidar a todos os socios, amigos, e alumnos dos cursos de carpintaría á Festa da Botadura que terá lugar o vindeiro sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, na rampa de servizo da Escola de Vela do CNRS (fronte ó Carrefour Express) en Sada, a partires das 17:00 horas. Será unha festa moi importante para todos nós porque botaremos a buceta LELIADOURA, que se construeu durante os dous últimos cursos de carpintaría de ribeira, polo que nos gustaría que os 29 alumnos que participaron na súa construcción estivesen presentes nese día tan especial. (Máis que nada por se non flota, saberemos a quén botarlle a culpa). Ademáis: - Farase entrega dos diplomas ós participantes nesta última edición do Curso de Carpintaría. - Botaranse ó mar os barcos da Asociación (que estén dispoñibles). - Actuará para nós o Grupo de gaitas de Cántigas da Terra. - Tomaremos unha merendiña (esperamos, a base de mexilóns e empanadas) para s

Xornada intensiva

Imaxe
Este sábado pasado, fixemos xornada intensiva en Lorbé e Sada para arranchar os barcos e telos listos para o vindeiro sábado 17 de maio, para a festa da botadura do Dia das Letras Galegas. Un total de 10 patexeiros, incluíndo a dous socios novos e a un amigo que tamén nos botou unha man, repartímonos nos tres barcos buceta, Desexada e Boaventura, para ir alistándoos. A primeira hora, e mentras non chegaba toda a tripulación, funlle dando a imprimación de Xylamón fondo ó mastro da buceta. En canto chegaron os demáis, puxemos A Desexada quilla arriba para empezar a rascala. Nesa tarefa, aplicóuse moi ben o persoal, e como vedes, casi a deixan a madeira vista. Aquí, Javi Naveira, gañóuse o título de Rebarbadora-man. Tamén se recravou a aparadura e se calafateou de novo. Arrincamos todo o cordón vello e aplicámoslle un sandwich de sika, cordón de cáñamo embreado e sika de novo. A ver se a damos estancado de todo, que tiñamos un problema con este barco, que non éramos capaces de

Traballando en varios barcos

Imaxe
Nas últimas semáns estivemos traballando simultáneamente en varios barcos da flota patexeira intentando telos todos listos para a festa da botadura do Día das Letras Galegas. En Lorbé xa lle demos o venres pasado a segunda man de alquitrán á nova buceta e agora temos que esperar a que seque ben. Mentras non chega o ferro para a quilla, tamén nos adicamos a facer unhas cantas cornamusas para as manobras. Miguel Marta, Carlos Quintas e máis eu sacamos unhas cantas nun plis plas, mentras un as cortaba, outro as iba perfilando coa escofina e outro lixándoas. En Sada, Jaime e máis eu estivemos quitándolle, a golpe de cincel, o formigón de lastre á Desexada para sanear, sellar as vías de auga e meterlle un novo lastre extraíble. Démoslle duro, porque o formigón estaba formado a base de seixos de entre 15 e 20 cms e ahí o cincel non daba entrado. Tiñamos que andar con coidado de non furar ningunha táboa. Agora, como vedes nas fotos, xa quedou lista e só queda penden