Volteando os barcos

Este pasado sábado en Lorbé, xuntámonos varios patexeiros co obxectivo de voltear a buceta para poder traballar cómodamente pola obra viva.


Entre 14 máns démoslle a volta e puxémola quilla arriba.

Logo, xa que estábamos, achegámonos a Bergondo para facer a mesma operación co Arredemo, que está na casa de Miguel, e ó que se lle vai poñer un quillote para facelo un pouquiño máis estable e que derive menos.

Despóis das manobras voltamos a Lorbé e mentras uns foron marchando, Moncho, Dolores e máis eu quedamos ata a tardiña facendo varias operacións na buceta.


Rematamos de lixala polo casco e aspirámola.


Logo procedemos a marcar a liña de flotación utilizando o procedemento que nos ensinaron os vellos de Lorbé: marcar un punto na roda e outro no codaste e unilos na distancia utilizando unha vara. (neste caso unha táboa que usamos para anunciar a lotaría de fai dous anos).


Unha persoa bótalle o ollo á vara mentras outro vai marcando uns puntos no casco seguindo as instruccións do olleador.

Logo, cun listón vanse unindo os puntos, dando como resultado a líña que marcará a división da obra viva coa morta.

Por suposto, o primeiro cálculo é estimativo, xa que ainda non sabemos xusto o que calará cando esté enchoupada de auga e en orde de navegación, polo que para facer as marcas na roda e codaste deixámonos guiar polo mestre carpinteiro que foi o que nolos marcou.


Logo se hai que subila máis será cuestión de darlle uns centímetros para arriba.


Despóis de marcada, dóuselle unha man de Xylamón fondo protector.


Pola semán daráselle outra man e a deixaremos lista para aplicarlle o Silver na obra viva.

Palmeirán.

Comentarios

  1. Moito se aprende con vos .

    ResponderEliminar
  2. Pois, iso pretendemos, que polo menos algo se aprenda, e que non se perdan estas técnicas centenarias.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Ola, e como sabedes onde poñer os puntos na roda e no codaste.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois como poñemos no artigo, deixándonos guiar pola experiencia do carpinteiro:
      "Por suposto, o primeiro cálculo é estimativo, xa que ainda non sabemos xusto o que calará cando esté enchoupada de auga e en orde de navegación, polo que para facer as marcas na roda e codaste deixámonos guiar polo mestre carpinteiro que foi o que nolos marcou.
      "
      E máis ou menos debe estar correcto, porque temos outra buceta alí ó lado e tiña as marcas aprox á mesma distancia.

      Eliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com