Cabo de Cruz (Boiro) albergará o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Así o decideu onte a Asemblea da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, que tivo lugar en Cambados.
Tras dúas magníficas exposicións por parte dos amigos do C.M. A Reiboa, defendendo a candidatura de Combarro (Poio), e da Asociación A Gamela de Cabo de Cruz, os 22 colectivos presentes na Asemblea decidiron por votación, cun resultado de 16 a 6, que fose a candidatura de Cabo a que dera cabida a ese XII Encontro que terá lugar no mes de xullo de 2015.
Tempo había que non se presentaban dúas candidaturas para albergar un Encontro, e nesta ocasión fixérono dúas asociacións con estupendas propostas nos dous casos.
Calqueira das dúas eran perfectamente viables e foron moi ben expostas por ámbas asociacións
Se Combarro tiña a experiencia de ter organizado xa unha edición dos Encontros, Cabo de Cruz se beneficiaba precísamente desa baza ó non o ter albergado nunca, e posíblemente iso foi o que máis peso tivo na votación, dado o caracter itinerante que pretenden ter os Encontros.
Noraboa polo tanto ós dous colectivos, ó C.M. A Reiboa por traballar tanto e defender con tanta paixón a súa candidatura, e á Gamela de Cabo de Cruz polo mesmo e ademáis gañar a votación e convertirse na sede deste XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Parabéns tamén a todos os colectivos presentes na Asemblea por facer un estupendo exercicio de democracia. Neste caso a decisión non era fácil, pero así a tomamos entre todos.
E felicitar tamén ó mundo das embarcacións tradicionais en xeral porque visto o visto nesta Asemblea, se noutros anos era difícil incluso pensar en presentar unha candidatura, este ano tivemos dúas, e ademáis dúas con un nivel excelente, o que indica que as embarcacións tradicionais siguen máis vivas ca nunca e cada vez con máis forza. Que os ventos nos sexan favorables.
Proa a Cabo !!!!!!.
Saúde e xardas

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com