Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2014

Outro sábado en Lorbé

Imaxe
Este pasado sábado en Lorbé estivemos 4 patexeiros traballando na nova buceta. Continuamos lixa que te lixa e tamen fixemos algúns rematiños, que se van vendo agora que está feita. Ó remate da xornada de mañán, e xusto antes de sair para Cambados, para a Asemblea da FGCMF, démoslle unha man de Xylamón fondo a todo o interior do barco e á cuberta, para empezar cos tratamentos de protección da madeira. Para a aplicación do producto usamos a última tecnoloxía ó noso alcance. Pola semán se lle dará outra man, se consigo que Moncho se achegue a Lorbé. O vindeiro fin de semán darémoslle a volta para rematar de tapar puntas na aparadura e lixar todo o casco. Palmeirán

Cabo de Cruz (Boiro) albergará o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Imaxe
Así o decideu onte a Asemblea da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, que tivo lugar en Cambados. Tras dúas magníficas exposicións por parte dos amigos do C.M. A Reiboa, defendendo a candidatura de Combarro (Poio),  e da Asociación A Gamela de Cabo de Cruz, os 22 colectivos presentes na Asemblea decidiron por votación, cun resultado de 16 a 6, que fose a candidatura de Cabo a que dera cabida a ese XII Encontro que terá lugar no mes de xullo de 2015. Tempo había que non se presentaban dúas candidaturas para albergar un Encontro, e nesta ocasión fixérono dúas asociacións con estupendas propostas nos dous casos. Calqueira das dúas eran perfectamente viables e foron moi ben expostas por ámbas asociacións Se Combarro tiña a experiencia de ter organizado xa unha edición dos Encontros, Cabo de Cruz se beneficiaba precísamente desa baza ó non o ter albergado nunca, e posíblemente iso foi o que máis peso tivo na votación, dado o caracter itinerante que pretenden ter os

AGALCARI FINALISTA NOS PREMIOS NACIONAIS DE ARTESANÍA

Imaxe
Dende a ACM OS PATEXEIROS, queremos felicitar a AGALCARI (Asociación Galega de Carpintaría de ribeira) por resultar finalista nos PREMIOS NACIONAIS DE ARTESANÍA, na categoría PROMOCIONA, para entidades privadas. Unha estupenda labor a destes mestres carpinteiros que se vé recoñecida a nivel estatal.  E como non, tamén felicitar ós gañadores, o OBRADOIRO DE GAITAS SEIVANE, polo premio e por levar tantos anos levando a cultura galega polo mundo e facendo unhas gaitas excelentes.   Deixámosvos aquí o comunicado oficial, por se vos interesa: "O OBRADOIRO DE GAITAS SEIVANE GAÑA O PREMIO NACIONAL DE ARTESANÍA A candidatura, que se fixo co máximo galardón no certame convocado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, contou co apoio da Xunta A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) resultou finalista na categoría Promociona para entidades privadas A Artesanía de Galicia ten unha ampla presenza cada ano nos Premios Nacionais de Artesanía, qu

Segundo día coa buceta

Imaxe
Este sábado voltamos a Lorbé a seguir cos traballos na buceta. Ata oito patexeiros, un patexeiro de honra e un ex alumno do curso, pasaron neste día por Lorbé a traballar ou a ver os traballos na buceta, aparte de ducias de curiosos que se achegaban a quitarlle fotos, mirar ou preguntar. A masilla que lle demos a pasada semán ainda non estaba seca, moita humidade. Seguimos tapando as puntas, botando algunhas que estaban sen botar, calafateando os barraganetes co trancanil, etc... Pola tarde adicámonos a ir lixando e suavizando o courel, os barraganetes, imbornais, quitando as marcas de lápis e cera que tiña a madeira, etc... Tamén arranxamos con trencha e cepillo unha pequena desviación no trancanil pola parte de popa. Antes de irnos démoslle unha pasada coa lixadora á cuberta. agora teremos que ir rematando de lixar as partes a onde non chegou a lixadora, e empezaremos a darlle unha primeira man de Xylamón fondo protector. Pero iso xa será ou ben pola semán,

Andaina costeira Santa Cristina-Mera

Imaxe
Tal e como anunciamos tanto nesta web como no facebook, o pasado domingo día 9 demos comenzo a esta nova tempada das Andainas Costeiras, que retomamos despóis de deixalas olvidadas no ano 2009. A nosa idea é ir percorrendo o litoral do Golfo Ártabro por etapas, disfrutando dun agradable paseo, e aprendendo algo máis da nosa costa. Confésovos que nesta primeira ruta, sendo unha das máis concurridas pola proximidade á Coruña, eu descubrín recunchos, parques, praias, paisaxes, zonas nas que nunca estivera. Así que xa espero con ansias a segunda das andainas. O día prometía ser estupendo. O Sol empezou a brilar dende primeiras horas e apenas había nubes no ceo. O punto de encontro desta Andaina foi o aparcamento da Lagoa de Mera, ó que chegamos á hora pactada, as 10:30. Como vedes poñemos unha hora "asequible". Sabemos que moitos os sábados facedes algún exceso e claro, hai que axeitar os horarios. Reunímonos alí 5 camiñantes, sí só 5, e iso que puxemos a ruta a unha

Empezando os traballos na buceta

Imaxe
Seguindo a tradición, unha vez rematada a construcción da buceta no curso de carpintaría, agora tócanos o traballo ós armadores. O sábado día 8 estivemos catro patexeiros empezando a tapar as puntas da buceta, como vos adiantamos no seu momento polo facebook. Xa se fixo bastante traballo, pero ainda queda moito por facer. A ver se este vindeiro sábado sigue este bo tempo e podemos sacala fora do local para poder traballar máis cómodos. Tamén se limpou e aspirou toda por dentro e a última hora empezamos co calafateo dos barraganetes co trancanil. Se o vindeiro sábado podemos rematar de tapar as puntas, empezaremos co lixado de remate mentras outros seguen calafateando. Palmeirán

Os Patexeiros no Comarcal de La Voz

Imaxe
O pasado xoves, día 6 de marzo, Os Patexeiros saímos en dúas páxinas do suplemento El Comarcal, de La Voz de Galicia. Unha estupenda reportaxe de DoloresVázquez na que conta a evolución da buceta que construímos ó longo das dúas últimas edicións do Curso de carpintaría.

Andainas costeiras

Imaxe
Continuando cunha actividade que empezamos alá polo ano 2009, este domingo día  9 de marzo retomaremos as nosas Andainas costeiras, que nos levarán a coñecer a costa do noso Golfo Ártabro. Os percorridos irán uns cara ó Norte e outros cara ó Sur, comenzando na desembocadura do rio Mero, na Coruña. Así pois, este vindeiro domingo daremos o pistoletazo de saída  cara ó Norte dende Santa Cristina, ate Mera, na que será a Primeira etapa.  Este primeiro percorrido non será o mais impresionante, xa que moita da costa entre estas dúas localidades e inaccesible, pero intentaremos ir pola liña de costa todo o que poidamos.  Ainda así, hai currunchos neste tramo que pagan moito a pena, calas moi pouco coñecidas, vistas fermosísimas da Coruña, etc.  Así que esperamos que vos animedes o vindeiro domingo a comenzar esta aventura Patexeira con nós. A inscripción por suposto é gratuita, pero por favor avisade antes do sábado para ter unha idea da xente que virá. Os

Rematou o 4ª Curso de Carpintaría

Imaxe
Despóis de varias xornadas de ampliación, este sábado demos por rematada esta 4ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. Neste último día, varios dos alumnos xa non poideron vir, pero os que quedaron, deron rematada a buceta. Fixéronse as catro cornamusas. Prepararon a madeira, marcárona cunha plantilla previamente feita polo mestre, cortárona, lixárona e lle fixeron os rebaixes para que encaixen nos barraganetes. Nesta imaxe vedes a Luis cortando unha das cornamusas. Victor e Dolores puxéronse a facer os fileretes da cuberta, asesorados por Pepe. Tocáballe o turno á fogonadura e ó tinteiro, do que se encargaron Javier e Rafa. Javier, caladora en man, facendo a apertura da cuberta para aloxar a fogonadura. Nesta imaxe podemos ver a Rafa cortando os listóns coa curvatura axeitada para facer a tapa.   Dolores e Víctor seguían coa súa tarefa e aquí os vemos preparando o filerete da outra banda. Este sá