Semán de moito movemento Patexeiro
Esta semán Os Patexeiros participamos na grabación dun programa para a TVG. A grabación do mesmo tivo lugar no local Patexeiro, na carpintaría de Pepe en Lorbé e a bordo da Balbina.
Ó rematar a grabación a bordo, fixemos unha regata a remos contra o equipo do programa, para ver quen chegaba antes a porto.
Xa vos avisaremos cando sepamos a data de emisión.
Por outra banda, hoxe sábado tivo lugar no local Patexeiro a Asamblea Anual Ordinaria, na que se presentou o balance de contas do ano 2013, fixemos un resumo das actividades feitas durante o 2013, aprobáronse as actividades e investementos a facer neste ano 2014, aprobamos o orzamento previsto, e os socios fixeron varias propostas.
Acabamos rondando as dúas da tarde, e algúns xa nos quedamos alí para o Curso de carpintaría, que celebra a súa XI xornada.
Na xornada de hoxe, os alumnos seguiron forrando a buceta.
Estanse achegando ó seu remate e vense moi entusiasmados. Todos o estamos, os alumnos, o mestre e Os Patexeiros como organizadores.
Hoxe, Jose Carballo púxose a copear.
E Moncho seguía co frasquiado, do que xa se está convertindo nun auténtico mestre.
Cara ó remate da xornada tocóulles meter os pechos, e estaban colocando as tracas axeitadas.
Tamén estiveron lixando o forro, para ir deixando as táboas a paño e ver como iba quedando o barco coas formas xa redondeadas.
Así quedou a buceta ó remate da xornada.
A vindeira semán, posíblemente a deixen alistada polo casco, e lle den a volta para facerlle cornamusas, fogonadura, etc...
Palmeirán

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com