OUTRA XORNADA MÁIS
E continúa a bo ritmo, a construcción da buceta no Curso de carpintaría.
Hoxe seguiron frasquiando e bordeando.
Os alumnos están moi entusiasmados con ver a buceta rematada. E non lle chegan as horas que sempre quedan máis tempo. Pepe vailles ter que deixar a chave, porque ás veces se tiran alí ata pasadas as nove da noite.
Algúns xa manexan complétamente o arte do frasquiado.
Dolores xa consigueu dominar o corte coa serra de cinta.
Lino confesa que aprendeu que neste oficio o "a ollo" e o "ir facendo" tamén son moi importantes.
Agora xa non lle preguntan tanto a Pepe, xa son autónomos, frasquían, fan a plantilla, despezan a táboa, féndenna ó medio, córtana coa forma axeitada, repásana co cepillo, aséntana, crávana e botan as puntas, sempre coa supervisión do mestre pero xa como un proceso habitual.
Gustavo, Daniel, Lino e Rogelio formaron un bo equipo para ir traballando na banda de babor.
Moncho, Dolores e Jose estiveron pola banda de estribor.
Javier e Rafa, estaban polas dúas bandas.
Hoxe faltáronnos uns cantos alumnos, cando veñan para a seguinte xornada van quedar sorprendidos de todo o traballo que fixeron os compañeiros este sábado.
Hai táboas que fai falla virar moito para axeitalas ó sitio, os alumnos van a mollalas para poder traballalas mellor.
Uns van ó mar, como debe ser, coa auga salgada.
Incluso arriscando a coller unha molladura por mor do mar de fondo.
Outros, son cans vellos, xa as saben todas e prefiren ír á villa, que lles queda máis á man.
Moncho, Moncho, que xa sabes que eu son como os de "O que o ollo non vé"!!!!!!!!
Hoxe, tiveron que facer un novo procedemento "o copeo", porque xa se aproximan a partes onde as cadernas teñen moita curvatura e hai que "copear" a traca, o bance, para axeitala á curva da caderna.
Este copeo faise cun cepillo con forma e folla convexos.
Podédelo apreciar na seguinte foto.
Ó remate da xornada, quedóunos a buceta tal como vedes.
Como vos comentamos na anterior entrada, imos prolongar un pouco máis o curso, vendo o interés demostrado polos alumnos e coa intención de que vexan rematado o seu traballo e poidamos facernos a foto co barco listo (ou casi).
Podedes ver moitas máis fotos no noso facebook.
Palmeirán

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com