7ª XORNADA DO CURSO DE CARPINTARÍA

Despóis do parón de Nadal, retomamos este sábado o Curso de carpintaría.

Contamos nesta xornada ca incorporación do amigo Jose, patrón da dorna Albatros, que se decideu a facer estas 4 xornadas restantes. E tamén contamos coa asistencia dun amigo que veu como invitado dende Vigo a ver como se desenrrolaba  unha xornada do Curso. Dámoslle as grazas polo seu interés.

Esta xornada era eminentemente de repaso do proceso constructivo.


O mestre David estivo explicándolles de dónde nacían os taboleiros de formas, e que tanto partindo do medio modelo, como das plantillas, á hora de empezar o proceso constructivo, tiñan que pasar sempre polo taboleiro de formas, así que cumpría telo ben claro.


Despóis das explicacións sobre o taboleiro e o escantillón, pasóuse a  unhas explicacións na pizarra, durante as cales todos os alumnos estiveron moi atentos.

A continuación douse paso á construcción dunha plantilla para facer unha das cadernas correspondentes a un barco duns 10 metros de eslora.

Empezaron copiando as liñas do taboleiro correspondentes á caderna nº 7 de popa, coa axuda da cabeza dunhas puntas, cas que presionaron sobre unhas tablas coas que se iba a conformar logo a plantilla.

Unha vez unidas todas as pezas das táboas quedou rematada a plantilla.


Utilizando a plantilla pasóuse logo a copiar nunha peza de piñeiro as distintas partes, para ir sacando as varengas e os xenoles que conformarán a caderna. Normalmente, utilizaríase madeira de carballo, pero como se trataba dun mero exercicio usamos madeira de piñeiro.


Despezóuse a peza de piñeiro marcada nas distintas pezas que conformarán a caderna.










Agora tocaba explicar os cartabóns (cartamóns) ou caidas que levarán as cadernas nas distintas líñas de augas, polo que o mestre técnico David se desplazou de novo á pizarra para explicarlles sobre a mesma, o que logo, o mestre Pepe iba a facer na serra coa axuda da mesa auxiliar construída para facilitar os cartabóns nas cadernas.


Montaron a mesa auxiliar na serra de cinta, para axudar a facer os cartabóns.


Un dos alumnos á serra e o mestre seguindo as indicacións feitas na plantilla, dábanlle a caída correspondente a cada líña de augas, elevando ou baixando a mesa e facendo coincidir a marca na tablilla ca liña da plomada.

Este curioso procedemento foi seguido moi polo miúdo por todos os alumnos.

Unha vez cortadas todas as pezas e dadas as caídas correspondentes, procederon a montar a caderna.


E con iso dóuse por rematada a xornada de hoxe, de repaso do proceso constructivo.

O vindeiro día continuarán co forro da buceta.

Palmeirán





Comentarios

  1. Aquí o amigo de Vigo, mais propiamente de Mos, Juan Carlos Giné. Primeiro de todo darvos as grazas por haberme permitido ter asistido o derradeiro sábado á lección maxistral de Pepe e de David, foi todo un pracer. Grazas para Pepe, quen m'abriu a porta para poder ir, e tamén ó membro dos Patexeiros, de quen non sei o nome, e que supoño que é quen aquí escribe, quen tamén recibiume moi amablemente. Sento ter marchado case que correndo, pero o certo é que a tarde estaba de cans con tanta chuvia, xa era noite e tiña uns poucos de quilómetros por diante para chegar a casa... A clase foi moi interesante, a pena é a distancia, senón había de repetir... Paréceme recordar que non me despedín do mestre técnico David, o lamento, lle dades unha aperta da miña parte, gustoume moito como explicaba, foi moi pedagóxico... Finalmente dicirvos que polo dagora non quero pechar a porta de facer a replica prevista do bote-llaut, o asunto está en cómo chegar á plantilla a partir das fotos que teño? Se admiten ideas... Entrementres recibide ata a próxima os meus saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Juan Carlos. Con respecto á réplica do bote-llaut. Por qué non contactas cos Amics de la Mar de Menorca a ver se teñen os planos de algún llaut. Eu estiven mirando na nosa colección de manuais, pero non temos ningún.

      Eliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com