TRABALLANDO NA SORRAINA
Este sábado retomamos o curso de carpintaría, despóis dunha semán de parón por mor da ponte da Constitución.
Estaba previsto volver a recordalle ós alumnos as nocións básicas da construcción naval, sacando un par de cuadernas partindo dun modelo de medio casco, pero debido ás ausencias que houbo, 5 por causa de forza maior, decidimos aprazar esta clase para outro día, e os alumnos que asistiron puxéronxe a traballar na sorraina da buceta.
Empezaron frasquiando no barco, e levando as medidas á taboa que tiñan preparada.
Nesta operación actuaron todos os alumnos por turnos. O mestre lles indicaba como tiñan que proceder, e eles levaban adiante a operación.
Aquí os podemos ver trapasando as medidas tomadas á taboa.
Unha vez pasadas as medidas uniron os puntos axudándose dun barrote para darlle a forma axeitada á sorraina, e cortaron a peza.
Logo o mestre Pepe, lles explicou como tiñan que darlle a caída correspondente á inclinación en cada barraganete para o que usaron a falsa regra ou falsa escuadra, foron levando as inclinacións a unha plantilla e logo llas aplicaron á sorraina.
Debuxaron os imbornais típicos usando a plantilla, e logo cortáronos coa caladora.
Unha vez feitos todos os imbornais procederon a asentar a sorraina na buceta, que por certo asentou á primeira, como resultado do ben que fixeron todos os pasos.
Logo procederon a cravala e a recortar a parte dos barraganetes que excedía do courel.
Unha vez rematadas as de proa, procederon cos mesmos pasos para facer as correspondentes á parte de popa da buceta.
O vindeiro día, máis e mellor.
Palmeirán

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com