COPA BALBINA 2013 - EXTRACTO DO REGULAMENTO


COPA BALBINA 2013
ÚNICA PROBA A DÚAS MANGAS
SADA
SÁBADO 28 DE SETEMBRO 
NA RAMPA DO CNRS ÁS 16:00 HORAS
SAÍDA DA PRIMEIRA MANGA ÁS 17:00 HORAS
AVISOS: VARIOS PITIDOS
1º SINAL: 5 MINUTOS E BANDEIRA AMARELA
2º SINAL: 4 MINUTOS
3º SINAL: 1 MINUTO
4º SINAL: SAÍDA E BAIXADA DE BANDEIRA AMARELA
SEGUNDA MANGA: EN CANTO ENTRE O ÚLTIMO VÓLVENSE A DAR OS AVISOS.

HABERÁ TROFEOS PARA OS TRES PRIMEIROS BARCOS CLASIFICADOS
COPA BALBINA DE VELA TRADICIONAL

SADA – SÁBADO, 28 DE SETEMBRO DE 2013

EXTRACTO DO REGULAMENTO DA PROBA











1. A Proba:

A Copa Balbina de Vela Tradicional é unha proba creada pola A.C.M. Os Patexeiros e levada a cabo dentro do calendario de competicións de vela do C.N.R.S. Dispútase en augas de Sada.

2. Características dos barcos participantes:

A Copa Balbina e unha proba aberta a todo tipo de embarcacións tradicionais con propulsión a vela, independentemente da súa tipoloxía, aparello ou eslora.

Ó ser unha proba que pretende fomentar máis a participación e a reunión de embarcacións tradicionais no Arco Ártabro, que a competición en si mesma, admítese a participación de embarcacións con certas modificacións estructurais para adaptalas ós tempos actuais ou feitas en parte con materiais “modernos” (epoxis, fibra de vidrio, etc...), sempre e cando a súa propulsión sexa a vela tradicional (vela de relinga, vela latina, etc...). Este punto someterase sempre ó criterio da A.C.M. Os Patexeiros.

3. Inscricións:

Será obrigatoria a inscrición dos participantes, ven sexa con anterioridade, comunicándoo ó correo patexeiros@hotmail.com ou ben no mesmo momento da participación, comunicándollo á Organización CNRS ou Patexeiros.

4. Percorrido da proba.

O percorrido desta edición 2013 da Copa Balbina será a dúas mangas e entre dúas boias Barlo/Sota que se notificará ós participanes no momento da saída.

5. Horarios:

SÁBADO 28 DE SETEMBRO 
NA RAMPA DO CNRS ÁS 16:00 HORAS
SAÍDA DA PRIMEIRA MANGA ÁS 17:00 HORAS
AVISOS: VARIOS PITIDOS
1º SINAL: 5 MINUTOS E BANDEIRA AMARELA
2º SINAL: 4 MINUTOS
3º SINAL: 1 MINUTO
4º SINAL: SAÍDA E BAIXADA DE BANDEIRA AMARELA

SEGUNDA MANGA: EN CANTO ENTRE O ÚLTIMO VÓLVENSE A DAR OS AVISOS.

6. Responsabilidade:

Todos os participantes na Copa Balbina de vela tradicional farano baixo o seu propio risco e responsabilidade.

A Organización recorda ós participantes a obriga de levar a bordo o equipamento regulamentario de salvamento así como a documentación regulamentaria esixida polas autoridades marítimas.

A Organización poñerá polo menos unha embarcación de asistencia para atender ás embarcacións en caso de problemas.

A Organización resérvase o dereito de suspender a proba no caso de que estime que as condicións meteorolóxicas poidan supoñer un risco para os participantes.

7. Sistema de puntuación:

O sistema de puntuación por manga, para esta proba estará definido da seguinte maneira:
O primeiro clasificado levará tantos puntos como embarcacións teñan participado, o segundo levará un punto menos, o terceiro un menos ca o segundo, e así sucesívamente ata o derradeiro que levará 1 punto.

O gañador será o que máis puntos consiga na súma das dúas mangas.
  • Establécese unha única categoría de embarcacións.
  • Cada manga puntuará por separado e ó final sumaranse os puntos conseguidos por cada embarcación nas dúas mangas.
  • No caso de se ter que suspender unha manga debido ás condicións meteorolóxicas ou outra situación de risco, a puntuación final considerarase a da outra manga, se se disputa.

8. Premios

Ó rematar a proba entregaranse trofeos ós tres primeiros barcos clasificados. Ademáis o barco gañador será o herdeiro por un ano da Copa Balbina que se lle entregará nun acto aparte, unha vez se lle faga e coloque a praca que identifique o nome do gañador, e a custodiará no sitio que él considere máis representativo ata poñela en xogo na vindeira edición.

9. Outras consideracións:

Os participantes dan a súa autorización expresa á publicación das fotografías que se realicen durante a proba e que poderán ser publicadas nos medios dixitais da A.C.M. Os Patexeiros (blog e facebook) ou outro medio que a Organización considere.

A Organización resérvase o dereito de modificar este resumo de normas da proba. Calqueira modificación anterior á celebración da proba será posta en coñecemento dos participantes con anterioridade á saída polos medios que se estimen convintes.

Calqueira controversia ou desputa entre participantes será analizada e resolta polo xuiz/xuices en consulta coa Organización.

Advírtese expresamente que non se pode navegar por diante da liña de saída cando falte un minuto ou menos para a saída, podendo dar lugar, esta acción, á desclasificación da embarcación.

 

Comentarios