A Copa Balbina quédase en Sada
A Desexada da A.C.M. Os Patexeiros, patroneada por Xose Carballeira, acompañado de Agustín, Luisjo e Carlos, foron os xustos gañadores desta 5ª edición da Copa Balbina. Contra todo pronóstico, xa que se iban a enfrentar con barcos máis rápidos e contra os anteriores gañadores das outras edicións, conseguiron facerse cun terceiro posto na primeira manga e co primeiro na segunda. A tarde non parecía demasiado boa para navegar, chuvascos contínuos e un vento frouxo do sur-suroeste con moitos refachos e moi cambiante, fixo que moitos que tiñan pensado asistir se quedasen na casa. Sobre as 4 da tarde empezaron a chegar algunhas tripulacións á zona de convocatoria. Os primeiros foron os da dorna Boaventura patroneada por Jaime, o gañador de 2 edicións da Copa Balbina, e tripulada tamén por Pepe Paz e Jose "o Palmeirán", que partía como unha das favoritas. Pouco máis tarde chegarían os da Desexada que empezaron a arranchar o barco para sair. Dende Ares viña Jo