A volta de Redes
Como vos comentamos na última entrada, a Regata de Redes tivo que ser suspendida polo forte vento. Os Patexeiros que asistiron con dúas embarcacións quedáronse ata o final da festa.
Estiveron ata o último momento decidindo si volvían ese día para Sada ou volverían outro día para traer os barcos.
Ó final decidiron embarcarse todos na Desexada e volver ese mesmo día, e deixar alí a dorna para traela ó día seguinte no remolque.
Saíron cando o sol se estaba poñendo, trouxeron vento en contra durante a travesía, pasaron tramos sen vento e tamén aguantaron unha forte surada. Por se fora pouco tamén a choiva apareceu para acompañalos.
Case chegando a Sada rompéulles o temón da Desexada na súa unión coa caña e tiveron que gobernalo coas máns.
Amarraron na boia do fondeo ás 2:30 da mañán despois dunha axetreada singladura.
O luns Pepe e Jaime foron co remolque para traer a dorna Boaventura e como viron que había algo de vento, e ben sabido é que sarna con gusto non pica, decidiron xa sobre as 9 e media da noite sair navegando rumbo a Sada.
De novo con vento do Sur, chegaron á altura de Lorbé nunha soa ceñida, pero ó pouco de virar, quedaron totalmente sen vento.
Sacaron os remos e conseguiron chegar á altura de Carnoedo dónde aproveitaron unha pequena brisa coa que chegaron a vela ata a bocana do porto de Sada, donde tiveron que volver a facer uso dos remos ata chegar ó fondeo.
Desta, conseguiron amarrar sobre a 1 e media da mañán, e estanlle collendo tal afición ás travesías nocturnas que xa se están pertrechando axeitadamente para afrontar as vindeiras, así que case estou seguro que esta fin de semán despóis de asistir á Concentración de Ares, volverán de noite para Sada.
Palmeirán
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com