Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2013

Os Patexeiros na Concentración de Ares

Imaxe
O pasado sábado 10 de Agosto, unha pequena representación dos Patexeiros achegóuse ata Ares para participar na Concentración de embarcacións tradicionais de Ares. Ata alá se desprazaron Dolores, Jaime e Pepe, xunto cuns amigos do CNRS. A Desexada estreaba unha peza nova de inox no temón, para evitar roturas como a da volta de Redes.  Na regata soprou un forte vento que obrigou ás tripulacións a empregarse a fondo.   Ó final, entrega de trofeos, merendola, e volta a Sada. Se a singladura de ida a fixeron en tres horas, a volta con vento favorable, a poideron facer só nunha hora. Palmeirán

A volta de Redes

Imaxe
Como vos comentamos na última entrada, a Regata de Redes tivo que ser suspendida polo forte vento. Os Patexeiros que asistiron con dúas embarcacións quedáronse ata o final da festa. Estiveron ata o último momento decidindo si volvían ese día para Sada ou volverían outro día para traer os barcos. Ó final decidiron embarcarse todos na Desexada e volver ese mesmo día, e deixar alí a dorna para traela ó día seguinte no remolque. Saíron cando o sol se estaba poñendo, trouxeron vento en contra durante a travesía, pasaron tramos sen vento e tamén aguantaron unha forte surada. Por se fora pouco tamén a choiva apareceu para acompañalos. Case chegando a Sada rompéulles o temón da Desexada na súa  unión coa caña e tiveron que gobernalo coas máns. Amarraron na boia do fondeo ás 2:30 da mañán despois dunha axetreada singladura. O luns Pepe e Jaime foron co remolque para traer a dorna Boaventura e como viron que había algo de vento, e ben sabido é que sarna con gusto non pica, decidi