Rumbo ó Freixo

Onte mércores á tarde saían dende Sada e Lorbé parte da expedición Patexeira que asistirá ó XI Encontro no Freixo-Outes.

En Sada cargábamos a Desexada no novo remolque e alá se iba Martiño con ela para o Freixo.

Desde Lorbé cargábamos a buceta en construcción e o resto de material para que forme parte da exposición na carpa disposta para o evento. Levábano Pepe e Jaime.

Máis  patexeiros sairán o xoves pola mañán para axudar a arbolar a Desexada e o resto da expedición sairemos o venres. Algún patexeiro tamén se achegará o sábado e o domingo.

Vémonos no Freixo.

Comentarios