Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2013

Os Patexeiros en Redes

Imaxe
Duas embarcacións dos Patexeiros saían na mañán do sábado de Sada para asistir á Regata de embarcacións tradicionais Porto de Redes. A dorna Boaventura tripulada por Pepe e Jaime, e A Desexada tripulada por Miguel Marta, Dolores, e uns amigos do CNRS. Chegaron a Redes para comer, pero desgraciadamente o vento foi en aumento e a Organización tivo que suspender a regata . A dorna Boaventura xa non saeu e a Desexada saeu pero enseguida tivo que voltar. O que non se perderon foron os callos e o falar cos amigos. Sempre vale a pena ir a Redes.

24 de Xullo

Imaxe

Os Patexeiros presentes nas festa do Carme de Sada

Imaxe
O compañeiro patexeiro Jaime, fixo un gran traballo prácticamente él só para que Os Patexeiros poideran  estar presentes nas festas do Carme de Sada. Alá levou a buceta en construcción para amosar á xente de Sada. Preparou e engalanaou tres dos barcos patexeiros, A Desexada, o Arredemo, e a Boaventura e os situou nun lugar estratéxico para que todos poideran desfrutar da súa vista. Montou unha pequena mostra con material patexeiro. E ainda tivo forzas para navegar coa Desexada na procesión marítima. Noraboa compañeiro e grazas polo teu esforzo.

Rematou o XI Encontro. Viva o XII Encontro

Imaxe
Foron días de atoparse con moitos amigos. Foron días para navegar, para desfrutar do recendor do alquitrán, para admirar todo tipo de aparellos,  para cantar, para comer, para pasalo ben. Iso é un Encontro. Amigos do Freixo    Amigos da ría de Arousa   Amigos de Euskal Herria  Amigos de Portugal  Este XI Encontro no Freixo deixou tamén o listón moi alto a pesares de ser "época de crise". A zona de acampada habilitada no campo de fútbol dispoñia de todo o necesario. Tiñamos boas vistas do pobo do Freixo e da ría, contábamos con vixilante de seguridade, alí estaba tamén o aparcadoiro dos remolques, que así non andaban dispersos polo pobo. Habilitaron unha carpa con colchonetas para aqueles que se olvidaron da tenda. Tiñamos unha caseta con duchas para homes, outra para mulleres, e outra caseta con baños. E todo iso a escasos 300 metros do porto, onde estaba o centro neurálxico deste Encontro. A colaboración dos voluntarios dende a nosa

Rumbo ó Freixo

Imaxe
Onte mércores á tarde saían dende Sada e Lorbé parte da expedición Patexeira que asistirá ó XI Encontro no Freixo-Outes. En Sada cargábamos a Desexada no novo remolque e alá se iba Martiño con ela para o Freixo. Desde Lorbé cargábamos a buceta en construcción e o resto de material para que forme parte da exposición na carpa disposta para o evento. Levábano Pepe e Jaime. Máis  patexeiros sairán o xoves pola mañán para axudar a arbolar a Desexada e o resto da expedición sairemos o venres. Algún patexeiro tamén se achegará o sábado e o domingo. Vémonos no Freixo.

Preparando os barcos para O Freixo-Outes

Imaxe
A pasada semán empezamos a pintar a dorna Boaventura. Estamos tendo moi bos días para facer o traballo. Logo a botamos ó mar un par de días para que inchara un pouco, e onte xa a puxemos a flote para que quedase lista para cargar no remolque este mércores. Tamén puxemos a flote o Arredemo, por se finalmente Miguel o levaba ó Freixo. E empezamos a clarexar a arboladura da Desexada que tamén a levaremos este mércores. ¡Vémonos en Outes! ¡Nos vemos en Outes! See you in Outes!

Resultado do I Encontro Patexeiros 2013

Imaxe
A ilusión, as gañas de facer cousas, de orgañizar eventos, o amor pola cultura, polas tradicións, polo mar, polas embarcacións nas que navegaron nosos pais, nosos avós, nosos bisavós,  polo legado dos nosos ancestros, etc.... Estes son algúns dos motivos que nos moven a  moitos dos membros de Asociacións Culturais do noso país a "invertir" (quero pensalo desa maneira), parte, gran parte do noso tempo libre, tempo que moitas veces quitamos de estar coas nosas familias e de adicarllo a outras afeccións que temos, para poder levar adiante eses eventos. Moitas veces, a maioría, perdemos cartos, cartos que saen diréctamente dos nosos petos, pero que compensamos coa satisfacción de ter feito algo que nos fai sentir ben, de ter feito algo de proveito, de ter feito algo pola cultura, pola cultura de todos, non só duns poucos, de ter feito algo polos nosos devanceiros. A A.C.M. Os Patexeiros, dende o seu nacemento aló polo ano 2009, sempre se caracterizou por facer moitas cousas,