Xa ten pinchón

Outro pouquiño máis de traballo en Lorbé e teremos lista a Desexada para o Encontro Patexeiro do vindeiro día 22.

O mércores pola tarde levéime unha axudante que se encargou de pintar as pezas que estiven facendo e sobre as que irá asentada a regala.

E como ainda non estaba cansa de pintar pedíame máis traballo, así que empezou a pintar un dos remolques da asociación.

Fixo un bo traballo.

Na tarde do venres deixei colocadas e selladas todas as pezas para empezar a colocar a regala o sábado.

O sábado empecei a mañán desmontando a pletina na que anclan os obenques xa que tiña os tornillos degradados pola oxidación.

Chegou o compañeiro Pepe que se puxo a facer o pinchón que xa nos rompera facía dous anos e daba a impresión de que ó barco lle faltaba algo.


Só lle adaptamos a peza do final porque senón nos obligaría a desmontar a roda e meterllo dende abaixo. Como irá protexido polo botalón pensamos que quedará bastante firme.


Mentras, eu colocaba a parte da regala de popa e facía o ensamble a cola de milano coa parte do medio.


 Finalmente fixemos a tapa de proa da regala, porque a que tiña estaba totalmente aberta e estéticamente non se vía moi ben.

Como vedes, Pepe é un artista do corte, porque a peza asentou á primeira.

Agora nos queda poñerlle unha pequena peza da regala, dende a metade ata ensamblar coa de proa, matarlle os cantos e preparar o barco para pintar e dar patente.

Xa queda menos para tela lista.

E ese mesmo sábado pola tarde, Martiño achegóuse ata a Balbina para valdeala e achicala. Ás amigas gaivotas segue gustándolles moito o noso barco e o usan como restaurante, así que o traballo de limpeza foi duro.

Palmeirán

Comentarios