Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2013

ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PATEXEIROS 2013

Imaxe
Recordade, este sábado 22 en Sada, frente ó Restaurante Tamei (antigua nave de redeiros). Teredes praza no pantalán de Marina Sada xusto enfrente á carpa. Churrasco, mexilóns e sardiñas ou xurelos e viño gratis para todos os tripulantes. Teremos merchandising á venda para os que queiran mercar un recordo patexeiro low cost. POR FAVOR INSCRIBÍDEVOS CANTO ANTES E INDICAR A ESLORA DO BARCO PARA RESERVAR O ATRAQUE.

PROGRAMA PROVISIONAL DO ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PATEXEIROS 2013

Imaxe
I ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PATEXEIROS 2013  Sábado 22 de xuño de 2013 PROGRAMA PROVISIONAL DENDE AS 10:37 : RECEPCIÓN DE EMBARCACIÓNS E TRIPULANTES. Os barcos asistentes disporán de amarres no pantalán de Marina Sada o máis perto posible da carpa. 11:14 - APERTURA DA CARPA CON EXPOSICIÓN DE MATERIAL PATEXEIRO, FOTOGRAFÍAS ANTIGAS, TALLER DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA e obradoiro de alfareiría 11:56 - Se algunha embarcación se quere lucir dando un paseo frente a praia de Sada non se lle dirá que non e incluso se lle acompañará. 13:48 - LONCHE (lunch, se sodes do extranxeiro) para os tripulantes a base de churrasco e criollos. 13:49 - Se algún tripulante se anima a traer a gaita, o tamboril, pandeireta ou calqueira outro instrumento (musical) se lle dará doble ración de churrasco para axudar a inchar o fol, sempre que nos bote unhas repichocas para amenizar o lonche. 15:52 - Saída a navegar: Sada - Miño - Perbes- Lorbé – Sada 19:19 –

Xa ten pinchón

Imaxe
Outro pouquiño máis de traballo en Lorbé e teremos lista a Desexada para o Encontro Patexeiro do vindeiro día 22. O mércores pola tarde levéime unha axudante que se encargou de pintar as pezas que estiven facendo e sobre as que irá asentada a regala. E como ainda non estaba cansa de pintar pedíame máis traballo, así que empezou a pintar un dos remolques da asociación. Fixo un bo traballo. Na tarde do venres deixei colocadas e selladas todas as pezas para empezar a colocar a regala o sábado. O sábado empecei a mañán desmontando a pletina na que anclan os obenques xa que tiña os tornillos degradados pola oxidación. Chegou o compañeiro Pepe que se puxo a facer o pinchón que xa nos rompera facía dous anos e daba a impresión de que ó barco lle faltaba algo. Só lle adaptamos a peza do final porque senón nos obligaría a desmontar a roda e meterllo dende abaixo. Como irá protexido polo botalón pensamos que quedará bastante firme.   Mentras, eu colocaba a parte d

O tempo bótasenos encima

Imaxe
O luns volvín de novo a Lorbé, estaba chovendo, cousa rara. De novo non podía traballar fora no barco. Dinlle unha man de Xylazel á pala do temón da Desexada. Tamén lle din unha man de Xylazel ó cuartel. Vai presentando este aspecto. Seguía chovendo, así que aproveitei e dinlle a segunda man de Oxirite ó carro de varada que estamos preparando. Sobre as 9 da tarde, como deixou de chover, púxenme a quitarlle o arneirón e o mexilón que tiña a buceta Punta Fiateira, porque o día que a quitaron do mar e a levaron para Lorbé non lles dou tempo, e claro, o arneirón él só non baixa do casco. A ver se esta semán me achego outro día a ver que se pode facer dependendo do tempo. Palmeirán.

Fin de semán en Lorbé

Imaxe
Pola semán, foime imposible ir a traballar a Lorbé, pero si foi o compañeiro Fran e rematou de armar o cuartel da Desexada. O venres pola tarde acheguéime ata alí e procedín a sellar as xuntas. Tamén rasquei e apliqueille Oxirite de Xylazel ó soporte da matrícula e luces dun remolque que nos regalaron para transportar as embarcacións máis pequenas. Esa mesma tarde achegóuse Martiño a buscar un dos remolques para ir coller a buceta Punta Fiateira e preparala para navegar este verán. Eu tiven que sair antes co que non lles puden botar unha man. Estiveron Pepe e máis él cargándoa no remolque para traela para o local. O sábado pola mañán lixei o cuartel da Desexada e dinlle unha imprimación, queda listo para darlle o Lasur Xylazel. Achegóuse a Lorbé tamén Miguel Marta e estivo traballando nun carro de varada, cambiándolle as rodas para o que tivo que adaptar os anclaxes. Eu, unha vez rematado de imprimar o cuartel estiven desmontando a falsa regala da Desexada, que esta

Traballos desta fin de semán

Imaxe
Onte venres estiven traballando no cuartel da Desexada. Decidinme a poñer as táboas desta maneira porque me parecía que quedarían mellor. Hoxe sábado xuntámonos varios en Lorbé porque tiñamos pensado facer movemento de barcos e remolques. Mentras non chegou Martiño cun dos remolques, Fran estivo rematando o cuartel da Desexada que empezara eu, e casi o deixamos listo. Miguel Marta estivo traballando no carro de varada, adaptándolle as rodas. Duro traballo pois o aceiro empregado na construcción do carro era demasiado para as nosas pobres brocas do Lidl. Haberá que mercar unhas boas de cobalto. Mentras, eu estiven quitando o resto da regala de estribor para facerlle o encaixe coa peza nova. Como sempre que se quita algo nun barco de madeira, apareceron sorpresas, e o durminte donde vai cravada a regala está podre arredor dos furados dos toletes, así que tamén vou aproveitar a renovar esa parte. Non é plan de poñer a regala nova se a base está podre. Por último chego