Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2013

Seguimos traballando na Desexada

Imaxe
Esta pasada semán acheguéime tres tardes ata Lorbé para proseguir cos traballos na Desexada, de cara a arranxala e que esté lista para o noso Encontro de Embarcacións tradicionais que faremos e Sada o sábado 22 de xuño (estamos á espera de colgar o cartel na nosa web). O martes empecei a montar o cuartel que nos desaparecera do barco nunha surada. O xoves metinlle o xunquillo que nos faltaba na cuberta de proa,   Unha vez colocado o xunquillo, desmontei as táboas que permiten acceder ós tornillos para quitar o botalón, xa que temos que meterlle un empalme no pinchón e sustituir a tornillería do botalón.   Calafateei o contorno das brazolas do cuartel de proa para evitar filtracións de auga ó interior.   O venres pola tarde funme para o taller a marcar e cortar unha das partes da regala,  que xa deixei cepillada pola parte exterior, pero non puden rematar a interior por carecer de bastrén para axeitar a curvatura, ainda que podía facerlla coa lixadora de ba

Empezando coa reparación da Desexada

Imaxe
Pois nos Patexeiros, sempre a traballar. Fai tres días que botamos a Balbina ó mar e xa empezamos a reparar a Desexada e preparándoa para navegar a primeiros de xuño. Hoxe acheguéime un par de horiñas a Lorbé e me puxen a quitarlle a tapa da regala á Desexada. Ésta foi unha das pezas que se danou no último incidente que tivo o barco por mor do temporal. Unha vez retirada tamén observei que o durminte que hai xusto debaixo está un pouco tocado polo podrén, sobre todo arredor do furado onde vai o tolete, así que vou a sustituílo en parte.  Xa coloquei a regala sobre a táboa da que vou a facer a nova peza. Non me dá para facela toda dunha peza así que terei que facela en dúas. Por esta semán remato aquí o traballo e a ver a dónde chego a vindeira semán. Iréivos informando. Palmeirán.

A Balbina deixou o estaleiro e volve ó seu fondeo

Imaxe
Despois de 6 meses varada e casi sen poder traballar nela, a Balbina volveu ó seu fondeo. Algo fixemos pero ainda queda moito por facer. Máis información na páxina da Balbina.