Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2013

Xa celebramos a Asamblea e as eleccións

Imaxe
Este xoves, tal e como anunciáramos, tiveron lugar no noso local de Lorbé as Asambleas Extraordinaria e Ordinaria Anual. Un grupo de socios asistentes posan diante do local social A asistencia dos socios foi masiva, habendo moi poucas baixas, e todas elas xustificadas (traballo, enfermidade ou situación xeográfica). Empezamos con puntualidade inglesa e fíxose a elección da nova Xunta Directiva para os vindeiros 2 anos. Na Asamblea Ordinaria aprobáronse as contas do exercicio pasado e o presuposto e o calendario de actividades para este ano 2013. Tamén se aprobaron a maioría das propostas adicionais que se fixeron, todas elas con grandes ventaxas para os socios. Rematamos a Asamblea preto das 12 da noite.. Nuns días enviaremos os resultados da Asamblea a todos os socios. Palmeirán

ASAMBLEA ANUAL

Imaxe
Este venres día 8, a partires das 20:00 terá lugar no noso local social de Lorbé a Asamblea Anual de Socios. Ademáis este ano toca renovar a Xunta Directiva polo que xa pedimos ós nosos socios que presentasen as súas candidaturas. Na Asamblea trataremos moitos puntos interesantes para o funcionamento da nosa Asociación, así como informaremos das contas os socios, presentaremos os presupostos para o 2013 e trataremos de aprobar as actividades previstas para este ano. Moitas novidades e ventaxas nos esperan ós socios se se dan aprobado as propostas que temos para presentar. Os socios xa foron convocados no seu momento, atendendo ós prazos que marcan os nosos Estatutos. Esperamos contar coa presencia da maioría dos socios. E para que non se faga moi longa teremos dispoñible un pequeno refrixerio.

Sobre fasquías non hai nada escrito

Imaxe
Cando vemos un barco ben bonito no mar, no estaleiro ou varado nunha praia ou nun porto, enseguida sacamos de cámara, de teléfono, ou do trebello que teñamos á mán (porque hai quen saca fotos con tablets de 15", debe ser pola comodidade de transportalas) para deixar inmortalizada esa  fermosura e ensinarllo logo ós amigos ou compañeiros de afección. Pero ás veces, tamén sacamos a cámara para inmortalizar "cousas raras" que moitas veces comparten habitat coas fermosuras das que falábamos no párrafo anterior. Porque parece ser que no noso país, sobre fasquías non hai nada escrito, e así como vemos casas metade de ladríllo, metade de bloque, cun cacho do tellado de uralita e o outro de tella inglesa cun remendo de tella do país, todo elo sen pintar a fachada, pois tamén ás veces atopamos embarcacións que, desempeñando ben o traballo para o que foron feitas, darían lugar a moitas discusións sobre o acertado do seu deseño. Nas últimas visitas que fixen a Ribeira, a