Calagraña: Unha maravilla de traballo no estaleiro de Lorbé
No estaleiro de Pepe en Lorbé, levan uns meses traballando no veleiro Calagraña. Desmontaron e botaron nova toda a cuberta, en madeira de iroko sobre contrachapado marino. A caseta da ponte está feita en iroko e samanguila. Nestes momentos xa están moi avanzados os traballos e xa lle deron varias máns de aceite de teka á cuberta. Como podedes ver nestas fotos está quedando moi pero que moi ben. E ainda lle falta por colocar os portillos, e traballar no interior. Fixádevos que detalles tan bonitos dos soportes para os winchs, as portas de peche da caseta, os cuarteis, a caña do temón, etc.. Podedes ver máis información sobre este traballo na páxina web do Estaleiro de Lorbé. Palmeirán