CLASIFICACIÓN FINAL COPA BALBINA E ENTREGA DE PREMIOS

Por fín, despóis de varias reunións do Comité de Regatas da Copa Balbina e atendendo a varias reclamacións feitas por distintos participantes, rectificóuse a puntuación nunha das regatas da Copa.

O problema foi que se tiña puntuado as dúas mangas como se foran dúas regatas distintas, cando se tiña que facer a media das dúas mangas.

Unha vez chegado a consenso dentro do Comité publícase definitívamente a Clasificación Xeral desta 4ª Edición da Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais, así como as puntuacións de cada regata e das concentracións puntuables de regularidade (que levan 3 puntos por asistencia a cada unha delas).

Este ano o resultado foi moi pero que moi axustado. Se tivo a Copa nas máns José Antonio o do Arxil, a non asistencia a dúas probas fixo que a Copa pasara a máns de Jaime, que obtivo finalmente 27 puntos, seguido por medio punto de Juanjo do Alivanta con 26,5 puntos, e de terceiro rematou José Antonio do Arxil con 26.

O gañador de dúas edicións da Copa Balbina, Pepe do Osorio, rematou desta en 4º lugar con 25,5 puntos. Tamén a tivo cerca pero a non asistencia á última das probas por estar reparando o barco, fixo que a Copa finalmente se quede por segundo ano consecutivo en Sada.


Mañán sábado a partires das 17:30 no Salón de Plenos do Concello de Sada, no edificio da antiga Comandancia de Mariña, durante o acto de peche de tempada que vedes na nova anterior, entregaránse os trofeos ós tres primeiros clasificados e a Copa Balbina, que será durante un ano, custodiada por Jaime.

Prometemos que para a vindeira edición se intentará facer un reglamento máis estricto e claro, así como intentaremos dar máis premios ós participantes.

Esperamos seguir contando co apoio e a participación de todos os que levades asistindo durante estes catro anos.

Vémonos mañán na entrega da Copa.

Comentarios