Pois alí estivemos o pasado sábado. O Salón de Plenos do Concello de Sada rexistrou unha boa entrada. Ainda así botamos en falta a moita xente que tiña pensado vir, a outra que xa nos dixo que non podían por outros compromisos, e a outros dos que non soubemos nada deles. Tocóume a facer a presentación, máis non son home de falar en público, cousa á que me vou afacendo pouco a pouco vistas as veces que me toca levar adiante esta tarefa. Empezamos facendo unha pequena presentación da nosa Asociación, porque ainda que a meirande parte dos asistentes ben nos coñecían, tamén había algunhas persoas que pouco oíran falar dos Patexeiros. Seguindo a ésta, pasamos a proxectar un pequeno resumo das actividades que levamos adiante neste ano 2012 que está a piques de rematar. Un ano que non foi o máis prolífico en actividades para os Patexeiros dende o seu nacemento, por mor de adicar moito do noso tempo ás reparacións nos barcos, máis ainda así organizamos eventos e asistimos a conc