Traballos varios en Lorbé

Este sábado estiven en Lorbé facendo pequenas cousiñas no local Patexeiro.

Ás 12 da mañán, Miguel e máis eu collemos o chinchorro e achegámonos ata a Balbina para achicala, xa que se varará ó longo da semán que vén.

En algo menos dunha hora, utilizando dúas bombas de achique conectadas á batería, e a base de capazos, deixámola lista. Tamén aproveitei para baldeala e limpala un pouco do mexillón que levan as amigas gavotas.

Xa de volta no local de Lorbé, púxenme a darlle unha man de Xylazel  ó banco do chinchorro, xa que se atopaba algo queimado polo sol. Unha pequena lixada e unha man de Xylazel Roble e quedou coma novo.

Logo me puxen a quitar do medio do local o aborto de carro de varada de madeira co que levamos o motor Larrán rescatado do mar. Foi bastante doado, a pesares de que a peza do Larrán que tiña encima dél debe rondar os 300 Kilos. Xa sabedes o que dixo Arquímedes, "dádeme un punto de apoio e moverei o mundo". Pois así fixen eu.


Agora a entrada do local queda moito máis accesible sen o mamotreto do carro atravesado. Só nos queda subir a peza do motor a un pequeno carro con rodas no que tamén imos a traballar en breve.

Unha vez despexado o local, me puxen a facerlle uns medios baos para a Betty, que como vos dixen en artigos anteriores tamén empecei a restaurar.
Quédame por facerlle un encaixe a cola de milano para encastrar na corda.

Como ainda me quedaba un pouco de tempo, xa que había que ver a carreira popular dos Rosales, e concentrarse para o partido Depor-Barça, collín a rebarbadora, unha das miñas máquinas favoritas e na que me estou licenciando, para desenferruxar o rezón da Balbina, que tiña unha costra de óxido sobredimensionada.

Despóis de limpalo, ben, dinlle unha man de pintura protectora do óxido, e quedou listo para levar a bordo da Balbina en canto ésta esté para ir para o mar.

Para a semán máis.

Palmeirán

Comentarios