Naufraga un veleiro de madeira na Coruña

Onte, domingo, sobre as seis e media da tarde, un veleiro encallou nunhas pedras fronte ó Aquarium Finisterrae da Coruña e en cuestión de un par de minutos quedou desintegrado.

Xente que o presenciou asegura que en un visto e non visto foise ó fondo.

Polos restos que están a flote e os que chegaron á praia do Orzán podemos ver que se trataba dun veleiro de madeira.

Según os medios de comunicación, o barco non tiña identificación e non contaba con radio.

Onte foi rescatado un corpo do mar, e hoxe continuaban as tarefas de búsqueda, xa que se cree que iban dous tripulantes máis abordo, ainda que non o saben con certeza.

Esta mañán estaban rastrexando a zona un remolcador de Salvamento Marítimo, unha lancha Salvamar, unha lancha da Garda Civil e varias zodiacs de Protección Civil e Garda Civil. Por terra estaba Protección Civil, Bombeiros, Policía Local e Nacional. E tamén se contaba con un helicóptero que estivo peinando dende a Casa dos Peixes ata a praia do Orzán.

O corpo recuperado pertencía a un cidadán británico de orixe polaco.

Según din os medios, parteu onte do porto de Cedeira.

Están investigando un video de un afeccionado para intentar saber con seguridade cantas persoas iban a bordo.


Comentarios