O pasado sábado tivo lugar no sitio de costume, frente á praia de Sada, a última proba puntuable para a Copa Balbina, que como saberedes é unha Copa na que se puntúa, ademáis de por posicións, tamén á regularidade e asistencia a outras concentracións do Arco Ártabro. Para esta última proba xuntámonos só catro barcos. O Alivanta de Ares, o Fesa de Perbes, e os nosos A Desexada e a dorna Boaventura. A Desexada aparellámola de última hora, pois tivéramos que repararlle o mastro, que tronzara nunha saída anterior debido ó gran peso que lle supoñían os zunchos da unión co masteleiro, e estábamos acabando de aparellala xusto cando xa se achegaban os participantes. Sopraba un forte vento xa na rampa, pero cando saímos do abrigo do muelle do náutico aquilo complicábase máis. Pepe e máis eu na dorna decidimos non sair pois non tiñamos moita confianza e non se daba suxetado a escota na man coa forza do vento. Intentando voltar a remos á rampa, tronzóunos un remo. Tivo que vir a rescatar