CAMBIO DE LIDER NA COPA BALBINA TRAS A REGATA DO PASADO DIA 25 DE AGOSTO
Lamentando antes de nada o retraso pola información, vos informamos que o pasado dia 25 de Agosto, celebrouse a terceira regata da Copa Balbina deste ano. E como houbo bo tempo meteorolóxico, celebráronse duas mangas, con percorridos de "barlo - sota" (para os mais profanos, isto non ten nada que ver cos xogos de cartas, significa duas boias, barlovento e sotavento).
O caso que, ao final, como viron bastantes barcos, houbo duas mangas, e lamentablemente Xosé Antonio do Arxil estivo lesionado e non puido asistir, o Pepe do Osorio, unha vez máis anda de primeiro. Tamén, hay que decilo, porque o Pepe e mais o Jaime non asistiron coa dorna, e alá se colou o Pepe, que andaba antes pola mitade da taboa..
Ahí vos poñemos como anda a copa, neste momento: (Picade ahí e xa se vos fai grande)

Así que está no aire máis que nunca. A partir de agora, todo pode pasar. Ademáis, tede en conta que a derradeira regata do ano, a de fins deste mes, vai ser especial, e poñeremos tamén un sistema de puntuación especial. En breve xa vos anunciaremos como vai ser.
Hai que destacar este ano ós novos amigos de Perbes, que co seu "Albatros" irrumpiron xa nos primeiros postos da taboa. E ísto non so e por navegaren ben, se non por ter asistido, desde que os coñecemos, a case todas as regatas. Todo pode suceder, porque ainda quedan 2 probas:
- A Parrocheira, de Ferrol, con 3 puntiños pola participación, o vindeiro sábado.
- A Gran regata fin de tempada "Regata Balbina", que xa veredes que non será calquera cousa....
Pode gañar Juanjo, do Alivanta (que este ano está que se sae e quedou terceiro en Redes), pode recuperar Xosé Antonio. (Desde aquí lle mandamos un saudo e os máis sinceiros desexos de que non fora nada e que poda estar nas seguintes regatas), poderían sorprendernos os de Perbes......
Home, ten pinta de que se irá para Ares, pero...... Ollo aos nosos Pepe e Jaime, que non llo van poñer nada doado.....
Xa sabedes, nos vemos o Sabado 8 na Parrocheira
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com