Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2012

Descubren na Fábrica de Tabacos restos dun estaleiro do século XVIII

Imaxe
Hoxe publica o periódico La Voz de Galicia , a nova de que descubriron nas excavacións que están facendo na Fábrica de Tabacos de A Coruña, restos das bancandas dun estaleiro do século XVIII. Os responsables do proxecto teñen intención de que os restos queden á vista sexa cal sexa o uso que finalmente lle dean ó edificio da Fábrica de Tabacos, que en principio parece ser que será a sede da Xustiza coruñesa

Última regata da Copa Balbina 2012

Imaxe
Convócase a todos os participantes da Copa Balbina para o vindeiro sábado 29 ás 17:00 h (ás 5 da tarde, por si acaso) en frente da praia de Sada, coma sempre, con motivo da celebración da última proba da Copa Balbina 2012. Faranse unha ou dúas mangas dependendo o que dicte o comité. Hai que ser puntuais. Non faltedes, a Copa está en xogo. Despóis da regata haberá un pincho para os asistentes. Palmeirán

Escándalo nos Patexeiros

Imaxe
Está claro que  neste mundo non se pode facer nada sen que che vexan. Sempre hai algunha cámara, algún teléfono con cámara ou algunha foto de satélite para cazarche. Chégounos un teletipo da axencia Artabria Press informándonos de que varios membros da directiva dos Patexeiros, aproveitan os seus domingos para navegar en barcos de plástico. Non temos fotos porque parece ser que os paparazzis que os seguían, nese momento, estábanlle quitando fotos a unhas guiris que estaban practicando o nudismo a bordo de outro iate e claro, xa se sabe que "tiran máis..... que dous directivos patexeiros" ¡¡¡ Ó que se chegou !!!! ¡¡¡Xa non hai ética neste mundo!!! Menos mal que logo se redimen traballando nos de madeira e navegando algún que outro fin de semán neles. A seguinte vez que vexades a un sacádelle fotos para escarnio público. Tamén nos chegan máis probas dos bos resultados que se consiguen co curricán Patexeiro. Os testimonios non minten: J.O .:  "foi botalo ó

Non temos a loxística de Odyssey, pero casi

Imaxe
Iso se desprende da grande operación de rescate que levamos a cabo o xoves pasado. Tras ser informados por un membro do noso propio servicio de información, documentación e recuperación de datos, (si, Os Patexeiros tamén temos diso), da existencia dun antiguo motor Larrán varado nunha praia da ría, puxémonos de acordo entre varios membros para intentar levar a cabo a súa recuperación. E decidímolo por dous motivos: un por tratarse dun motor da marca Larrán, como o que tén a Balbina a bordo, e ainda que estaba moi deteriorado pensamos que  estaría ben como peza para o Museo Patexeiro;  e outro, porque así ademáis contribuiríamos a manter limpa unha preciosa cala na que se atopaba ese motor. Alí acudimos o pasado xoves pola tarde, despóis de botar ó mar o Galeón, cinco Patexeiros e un amigo simpatizante, con dúas embarcacións, unha pequena zodiac e unha motora de 750CV para intentar levalo por mar ata o noso local. Nada máis baixar á praia atopámonos, como sempre, que non levár

Botamos a inchar o "Galeón"

Imaxe
O pasado xoves 13, xuntámonos catro Patexeiros esa tarde na rampa de Sada, para botar ó mar o Galeón, o bote dun dos socios, que o estivo pintando e facendo pequenas reparacións ó longo do mes de agosto. A manobra foi moi rápida, e coa axuda da zodiac do noso colaborador, o CNRS, estaba no seu fondeo en poucos minutos. O patrón ata lle fixo uns debuxos étnicos nas cornamusas. Agora xa so lle falta poñerlle o tinteiro, a fogonadura, o pau e arbolalo, para ter outro novo bote para navegar, porque a vela xa a tén lista. A ver se vai desta. Palmeirán

Os Patexeiros na XX Parrocheira

Imaxe
Como todos os anos dende a nosa creación como Asociación, tamén este 2012 estivemos presentes na Concentración de Embarcacións Tradicionais da Parrocheira, en Ferrol. Non lles podemos fallar ós amigos de Ferrol, xa que eles nunca fallan. Este ano, igual có anterior, non poidemos levar barco propio. A falta de vento pola mañán e a falta dun motor para chegar botóunos para atrás a última hora. Así que o Arredemo e a dorna Boaventura quedaron nos seus fondeos de Sada. E como o ano pasado, enrolámonos de tripulantes no galeón Punta Pragueira dos amigos da Asociación da Coruña. E alá nos fomos José Carlos e Martiño pola Asociación da Coruña, e Jaime, Carlos Quintas, Martiño e máis eu (o Palmeirán) por parte dos Patexeiros. ¿Puxen a Martiño repetido? Ah, pois si, pero é que este home ten o corazón dividido, xa o sabedes. Deixamos o fondeo de Lorbé sobre as 11 e cuarto da mañán. ¡E que chegar co chinchorro ata o fondeo non vos pensedes que é fácil! ¡Xa quería ver eu a David Cal nese

O Curricán Patexeiro pesca en todos os mares

Imaxe
Pois sí, compañeiros, iso é o que se desprende das fotos que nos enviou o amigo Carlos González dende Málaga. Carlos e os seus colegas saen a remar a miudo nas súas barcas de jábega e en canto viron o noso artigo sobre os curricáns na nosa páxina, fixéronse con dous Curricáns Patexeiros,  e nunha das súas saídas ó mar, largáronos e ahí tedes as probas de que si funcionan. Como ben nos din eles, "son pequeñas, pero como si fueran tiburones". E como todos sabemos, realmente, "o tamaño non importa". Vese ben que son de tamaño reglamentario, e o sabemos polas medidas do curricán.. Pois ben, aquí quedan esas probas de que os Curricáns Patexeiros non só funcionan no Atlántico senón tamén no Mediterráneo, no Mar de Alborán. A ver se agora alguén nos manda probas de que tamén funciona no Cantábrico, no Índico, no Pacífico, etc.... Grazas a Carlos González polas fotos e a todos os seus compañeiros remeiros por poñer a proba o noso curricán. Palmeirán

Artigo publicado en El Comarcal sobre Os Patexeiros

Imaxe
E este outro artigo o publicaron en El Comarcal, o pasado mes de agosto, falando da nosa Asociación. Palmeirán

Artigo publicado no suplemento Fugas

Imaxe
Pasámosvos un artigo publicado no suplemento Fugas do pasado31 de agosto donde se dá conta dos traballos que estamos facendo algunhas asociacións. É un pequeno artigo pero sempre está ben difundir as nosas actividades en medios donde apenas temos presencia. Palmeirán

CAMBIO DE LIDER NA COPA BALBINA TRAS A REGATA DO PASADO DIA 25 DE AGOSTO

Imaxe
    Lamentando antes de nada o retraso pola información, vos informamos que o pasado dia 25 de Agosto, celebrouse a terceira regata da Copa Balbina deste ano.  E como houbo bo tempo meteorolóxico, celebráronse duas mangas, con percorridos de "barlo - sota" (para os mais profanos, isto non ten nada que ver cos xogos de cartas, significa duas boias, barlovento e sotavento).     O caso que, ao final, como viron bastantes barcos, houbo duas mangas, e lamentablemente Xosé Antonio do Arxil estivo lesionado e non puido asistir, o Pepe do Osorio, unha vez máis anda de primeiro. Tamén, hay que decilo, porque o Pepe e mais o Jaime non asistiron coa dorna, e alá se colou o Pepe, que andaba antes pola mitade da taboa..      Ahí vos poñemos como anda a copa, neste momento: (Picade ahí e xa se vos fai grande)    Así que está no aire máis que nunca. A partir de agora, todo pode pasar. Ademáis, tede en conta que a derradeira regata do ano, a de fins deste mes, vai ser especial