XA ESTA AQUI O CURRICÁN DOS PATEXEIROS

    Os patexeiros tamén lle damos o I+D, e por iso ampliamos a nosa gama de "Agasallos" cun novo producto: O Noso Curricán (Especialmente deseñado para pescar Xardas , ou rinchas, commo lle din de Muros pra abaixo)


     Con este sinxelo aparello, e moi fácil levar a cena para casa de paso que vas dar unha voltiña. A verdade que nesta parte do artigo, quedaríalle moi ben un video destes de teletenda americano, destes que saen cando quedaches dormido vendo unha peli, e te despestar mirando como un tipo vestido estilo Rambo con gafas e gorra ridículas que di : "GRACIAS  A  CURRICANE XL HE CONSEGUIDO PESCAR CARPAS DE MAS DE 2 KILOS Y HE RECUPERADO MI AUTOESTIMA, GEORGE, TE RECOMIENDO CURRICANE XL PARA PESCAR MUCHO Y SER MAS FELIZ...."

    Non, non o imos anunciar así, sinxelamente e un curricán que facemos nós para intentar autofinanciarnos, Pensade que o que sacamos das vosas doazons van para manter o noso patrimonio marítimo, a traves das nosas (vosas) embarcacions e as actividades da Asociación. 

     Sobre as características técnicas, decirvos que ten o bastidor feito de 4 pezas de madeira de piñeiro, tratada con protector (pretendemos que cheguedes a casa cheirando a xarda e non a alquitrán), ten un fio de alta resistencia negro de 25 brazas (uns 40 m aprox, porque depende moito do patexeiro en cuestión que corte o cabo. Neste caso, vos aseguro que son boas brazas) 

    Logo termina cun as de guia para enganchar cun chumbo "torpedo" (xa sei que soa a chiquito pero e a denominación oficial nas tendas de pesca. Hai situacions as veces un pouco raras mercando este material cando llos pides, e desde a trastenda, che din 10 chumbos como, ¿de fondo ?.."!Non,...torperdo!") Esto non me pasou a min, eh, foi un amigo meu que un dia... 

    En Fin, que me despisto, que logo do peso leva 5 brazas de tanza gorda (de uns 20 kg de resistencia), e logo o que lle chaman a "metralleta", que e unha serie de señuelos un detras doutro. Outra braza de tanza mais , e por fín a cucharilla (neste caso cucharilla artesanal):


   Está feita en aceiro inoxidable, con xiratorio, e simula como vedes un lomo de peixe. Non as facemos nós, as fai un artesán en Vigo, de tal xeito que xa ten fama de ser a cucharilla que vai mellor para a  xarda.

    Se vos fixades ben, as súas aletas son curvas, e isto fai que vaia constantemente dando voltas, e proxentamdo o brillo en todas as direccións. Deste xeito, chama á xarda, que picará tanto nos señuelos da "metralleta " como na cucharilla (máis nesta última)
 
     

    Así que xa sabedes, por tan so 20 eiros  (o eiro e a moneda dos patexeiros), vos regalamos este maravilloso curricán, que non vos vai a subir a autoestima, como dicia o outro...

     Pero sí a nós.

      Estaba lembrando, falando de cartos o compañeiro da tenda de Pesca, dicialle ao outro logo: "cóbralle aquí, torpedo.." , e tiña que aguantar a risa, ... meu amigo, quero dicir que o pobre pensaba que ainda iba sair da tenda con mal pe. A cara que tiña o outro.. en fín, que me volvo a liar

    Xa o tedes dispoñible facendo a reserva no noso correo, ou ben directamente no local de Lorbé ou mesmo no Recreativo de Sada (preguntade por Jaime)

   E por último algúns consellos sobre a pesca:

   - Tedes que sacar unha licencia que se fai na Caixa Galicia (ou coma lle chamen) , dura un ano, e custa 3 €. Tranquilos que non hai ningunha dúbida sobre se e ou non un timo . Ningunha dúbida.
   
  - Respetade o tamaño mínimo dos peixes. No caso da Xarda, son 20 cm. Se non tedes nada a man para comparar de 20 cm, usade a cabeza... non home non non para arrimar a xarda, que logo quédache o pelo cheo de escamas, usadea para pensar: o  propio bastidor do curricán  mide 23 cm.. A xarda que sexa mais curta co currican, botadea ao mar, que vivirá.

   - A velocidade e moi importante, nin quedarse curto nin pasarse, se debe pescar entre 3 e 4 nudos

    - A profundidade ven marcada precisamente por esta velocidade, non tedes que regular nada.

    - Largade coma 10 brazas mais ou menos de fio negro

     - Para localizar o banco de xarda, onde andan a pescar a gaivotas. Normalmente están nas entradas das rias. Mais ben polo medio do canal.


     E nada mais, apurade a reservar o voso, que se nos esgotan.......

      E MOI BOA PESCA

Comentarios