O Arxil de Ares, Imparable

   O Pasado sábado, como sabedes disfrutamos da segunda regata en Sada puntuable para a Copa Balbina.
Outra vez mais, volveu a gañar o Jose Antonio, do Arxil. E que este ano está imparable, e como siga así vaise levar a copa para Ares de novo.

   Fixemos unha soa manga pero con duas voltas, nun percorrido "Barlo - Sota". Xa na saída a Dorna Boaventura quedou un pouquiño atrás, e non colleu o mellor rumbo. Isto fixo que o Arxil , o Albatros e mais o Osorio foran coma foguetes á boia.

  Pero logo de duas voltas, a Boaventura conseguiu remontar e pasar por diante do Osorio na meta. Todo un logro.
  
   O segundo posto foi para un barco novo na Copa, o Albatros, que xa o vimos na regata de Redes. E unha dorna xeiteira (se non nos equivocamos) aparellada con aparello marconi. Tamén, xunto a eles veu o Fesa, un bote polbeiro, este si, aparellado con vela latina.

    Damos a benvida á copa aos amigos de Perbes, e esperamos que volvan ás próximas convocatorias. Tal vez teñamos que ir un dia a Perbes a entregar a copa....

    Polo demais, xa sabedes, de 4 o Osorio, de 5 quedou o Fesa, de 6 o Alivanta (raro estaredes pensando, despois de ser "bronce " na de Redes...). Pois non, raro non. O que pasou e que o Juanjo chegou tarde e se incorporou ao percorrido como pudo, e ainda deulle tempo de dar as duas voltas, e adiantar a ese barco...ese carro de vacas frotante, ese sapoconcho de mar, esa embarcación zen, ooonnndddeee ooo teeeemmmpooo ppaaareeecceee dddeeettteeerrrrseeee.....
 mais coñecida como o Arredemo. (Ultimamente chamada "A de Remo",)

Pois si, volvimos a quedai de últimos. ¿e? Pero disfrutamos moito, porque ademais puxemos a entena arriba para a empopada, facendo como os catalans chaman "a la orsa llarga".

Houberamos impresionado a todo o mundo no caso de ter público, pero non foi así.

E o último clasificado, e non por iso menos meritorio foi o "Reina de Africa" o famosísimo barco de Pontedeume, que tamén chegou un pouquiño a deshora e que fixo o percorrido da regata a motor.
Home, non somos moi ríxidos nas normas de regata, pero a motor.... pois si, como non, tamén puntuamos e valoramos ese apoio e esa participación con 3 puntiños.

   E logo da Regata, O Jaime e mais o Pepe fixeron uns mexilons na rampa, que degustamos cos participantes e acompañados tamén por unha empanada. Tamen asistiron numerosas botellas de tercio, e dese líquido azul fosforescente que a industria do refresco lle regala ao Jaime, e que ninguen sabe asociar a algunha sustancia coñecida (eu sinceramente penso que e para ver que pasa se un home bebe diso durante moito tempo. O resultado final e que Jaime está a mutar e xa respira por branquias. Pero isto e un segredo industrial experimental, non o vaiades a contar por ahí)

  Agradecemos tamén a colabouración do noso carpinteiro de cabeceira, o Pepe de Lorbé que lle regalou os mexilons a Jaime. E como non, a Carmen, a monitora do C.N.Recreativo de Sada que  nos montou o percorrido e fixo as labouras de Xuiz.

   Pedimos disculpas por non ter a dia de hoxe as fotos, que haber as hai, pero non estan aquí debido a a un problema técnico (concretamente un "time out" na transferencia de archivos de xa varios dias.....e non falo de ninguén......)

  Parabens ao Jose Antonio, do Arxil.

  A vindeira cita, en Ares, onde xogando na casa... vai ser prácticamente imposible. Ainda que non hai obstáculos insalvables para os nosos campeons...

   ¿Haberá un "Maracanazo " na vindeira regata de Ares ? 

 Todo pode ser.




   


Comentarios

  1. Saúdos ós Patexeiros dende a base do Teide.

    Unha aperta.

    Jose "Palmeirán"

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com