Novas
Por unha banda, chéganme novas do Patexeiro abordo do Tina Husted.
Parece ser que os colleu algo de mal tempo e botóunos ó Sur. Tiveron que arribar a Belle Ille.
Nesta imaxe podedes ver a situación actual do Tina Husted con respecto ó porto de Brest.
Agora estaban á espera de vento para subir a Douarnenez e logo facer a última etapa a Brest. A ver se non chegan cando remate o Festival.
Por outra banda, o xoves pasado pola tarde, despóis de sair do traballo, Francisco e máis eu achegámonos a Lorbé para rematar de darlle a patente e colocarlle o rótulo co nome de barco.
Ese nome talléino eu á man en madeira de iroko. A ver se lle dura.
Tamén aproveitei para darlle unha man de alcatrán ó mastro.
Deixámola lista para que a remolquen ata Sada e a fondeen a inchar uns días.
Palmeirán.
Parece ser que os colleu algo de mal tempo e botóunos ó Sur. Tiveron que arribar a Belle Ille.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com