Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2012

Segunda regata da Copa Balbina - Sábado 28 de Xullo

Imaxe
Este sábado 28 de xullo, coma sempre as 5 da tarde frente á praia de Sada, terá lugar a segunda regata do prestixioso trofeo de vela do Golfo Ártabro, a Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais. Como xa todos sabedes é un trofeo no que se premia a regularidade, puntúan todos os participantes e tamén os barcos. Para vos recordar o sistema de puntuación vos suxerimos que vaiades á nosa entrada do blog Comenza a Copa Balbina 2012. Non deixedes de asistir. Vémonos este sábado 28. Procurade chegar un pouquiño antes para que a Organización inscriba a todas as embarcacións. Palmeirán

Fotos espía do Tina Husted

Imaxe
Boas de novo, amigos. Neste mundo non se pode facer nada, que todo se sabe. Chégannos dende Málaga dúas fotos espía, que demostran que o Tina Husted estivo en Douarnenez. Foto cortesía de Carlos González Vázquez Tamén nos chegan rumores de que non foi visto por Brest nin o viron navegar nos días que estiveron os barcos nesa zona da Bretaña. ¿Serán certos os rumores? ¿Estarían tan cansados? ¿Atoparían finalmente un jrifo de Estrella Jalisia que acabou con eles? Teremos que esperar a que nolo conten en persoa, pero polo de agora non será pois ainda tiñan previsto continuar a viaxe por Cornualles, Falmouth e Irlanda. Tiñan previsto chegar a Sada a segunda semán de agosto. Foto cortesía de Carlos González Vázquez Grazas a un amigo galego que temos alá por Málaga por enviarnos as fotos espía. Palmeirán

Regata de Redes 2012

Imaxe
Tal e como dixemos no artigo anterior, alá nos fomos, este pasado sábado, tres barcos da flota patexeira a Redes. Unha cita habitual para Os Patexeiros dende a nosa creación como Asociación. Quedamos o venres pola tarde para rematar de aparellar a Desexada. Como o que a desarbolou, o Comandante Martiño, non estaba presente, alá se puxeron Pepe, Jaime e Agustín con esa laboura. Pepe e Jaime abordo, Agustín colocando uns tensores no bauprés e eu rematando de poñerlle os folios e identificadores. E parece que acertamos e todo quedou no seu sitio. Miguel fíxolle unha pequena caña e un cañín exprofeso para a Regata de Redes, a ver que tal lle vai. Como tiñamos mono de navegar, ás 9:30 da tarde saímos a dar unha volta nela para probar que todo iba ben. E navega que é unha pasada. Xa o sábado quedamos todas as tripulacións na rampa do CNRS para ultimar detalles, arbolar e zarpar rumbo a Redes sobre as 10:30. Repartímonos os dous Migueles (Marta e Martínez) no Arredemo; Ja

De Brest e de Redes

O Comandante Martiño, patexeiro embarcado no Tina Husted, nos envía dende Brest un sms algo confuso, que non sabemos se se debe ó seu mal francés ou ós efectos de algún brevaxe druída. Porque supoño que alí non hai Estrella Jalisia. Según se entende, parece ser que xa chegaron a Brest, non sabemos finalmente que día, se o 17 ou o 18, e que o 19 zarparían para Douarnenez. E que este home é parco en palabras, incluso via sms. Así que non che sabemos nada máis. Por outra banda, un nutrido grupo de patexeiros, uns 10, asistiremos se non temos ningún contratempo de última hora á Regata de Redes mañán sábado. Levaremos tres barcos, o Arredemo, a dorna Boaventura e a Desexada. Con este barco é co que temos máis dúbidas pois faltan cousiñas de última hora para aparellalo. Levámolo para Sada o pasado fin de semán e estivo fondeado uns días para inchar e agora estase acabando de aparellar, facerlle unha caña nova, colocando os ferraxes, etc... Vémonos en Redes. Palmeirán

Novas

Imaxe
Por unha banda, chéganme novas do Patexeiro abordo do Tina Husted. Parece ser que os colleu algo de mal tempo e botóunos ó Sur.  Tiveron que arribar a Belle Ille . Nesta imaxe podedes ver a situación actual do Tina Husted con respecto ó porto de Brest. Agora estaban á espera de vento para subir a Douarnenez  e logo facer a última etapa a Brest. A ver se non chegan cando remate o Festival. Por outra banda, o xoves pasado pola tarde, despóis de sair do traballo, Francisco e máis eu achegámonos a Lorbé para rematar de darlle a patente e colocarlle o rótulo co nome de barco. Ese nome talléino eu á man en madeira de iroko. A ver se lle dura. Tamén aproveitei para darlle unha man de alcatrán ó mastro. Deixámola lista para que a remolquen ata Sada e a fondeen a inchar uns días.    Palmeirán.         

Un patexeiro navega rumbo a Brest abordo do Tina Husted

Imaxe
O pasado domingo zarparon do porto de Sada (A Coruña) catro intrépidos navegantes. O patron David, a súa muller, Jack e Martiño, o noso comandante Patexeiro. Van a bordo do Tina Husted , ese pesqueiro danés tan coñecido por todos nós, rumbo a Brest para participar na Festa Marítima Internacional Les Tonnerres de Brest 2012.   O Tina Husted fondeado a carón da Balbina (foto do arquivo dos Patexeiros 2010) As primeira escala a fixeron en Mugardos, e a segunda en Cedeira. Durante estas dúas xornadas estiveron probando distintas cousas para asegurarse unha singladura sen problemas. Hoxe zarparán dende Cedeira directos rumbo a Brest, a dónde teñen previsto arribar o sábado dia 14. Todos os Patexeiros estamos con eles (en espíritu), así que desfruten por nós. Desexámoslle que teñan unha boa singladura. Palmeirán

Case lista

Imaxe
O pasado venres pola tarde, estiven rematando de calafatear a quilla da Desexada, que quedou lista. E tamén cortei o sobrante do perfil de galvanizado que colocáramos na quilla. Tiña que parar a miudo por mor da choiva. Xa o sábado pola mañán, Roberto estivo pintando a cinta de estribor e dándolle tamén uns retoques de pintura á obra morta. Eu púxenme a facerlle estas pezas da popa, para sustituir ás que quitamos cando cambiamos parte do espello de popa, e que non se atopaban en bo estado. Tamén tivemos que parar varias veces cando lle daba por chover. Pola tarde chegou Francisco e se puxo a darlle a patente ata onde nos chegou o material. Queda pendente darlle unha segunda man. Outro socio que se achegou a Lorbé foi Miguel Marta, que se puxo a pintar o espello de popa e logo a retocar partes do casco. En canto rematou con ese traballo púxose a lixar o temón, e unha vez feito, dóulle unha man de alcatrán. Eu acabei de darlle unha man de alcatrán ás pezas que coloquei

Penúltimos traballos na Desexada

Imaxe
A data que tiñamos en mente para ter lista a Desexada e botala ó mar non se pudo cumprir. En principio tiña que estar lista para a primeira regata da Copa Balbina que estaba calendada para o 30 de xuño. Como a regata se adiantou para o día de San Xoan para facela coincidir xa coa sardiñada, desbaratóunos un pouco os plans, e ainda está sen rematar. Onte sábado aparecín eu só por Lorbé. Igual é que empezaron as vacacións dos Patexeiros e eu non me enterei. Ainda que ameazaban choivas puden disfrutar dun estupendo día para traballar na Desexada. Empecei por rematar de calafatear a parte de estribor da quilla con cordón de cáñamo embreado, xa que a de babor xa quedara lista facía dúas semáns. Logo, aproveitando que facía un bo soliño, dinlle outra man máis de alcatrán á cuberta, e van..... Dinlle unha terceira man de pintura ós barraganetes e parte interior da sorraina e tamén outra mán máis de pintura á obra morta. Como eu son un pouco talibán, e sempre veredes que traballo