Como sempre, traballando.
Este venres alá nos fomos a Lorbé, Francisco e máis eu para facer varios traballiños. Primeiro fomos buscar un pequeno carro de varada, para barcos de pouco porte, que tiñamos gardado nun galpón a uns kilómetros do noso local. Francisco estivo desenferruxándoo coa rebarbadora e o cepillo de arame, afloxando os tornillos e tuercas con aceite para poder desmontar todas as partes móbiles. Unha vez quitada parte do oxido vese en bastante bó estado. Agora temos que acabar de quitarlle o que lle queda, pintalo, sustituir parte da tornillería e meterlle un par de rodas novas, que as que ten están deformadas.. Así, xa nos servirá para traballar nos barcos máis pequenos da flota. Outro aparello máis ó servicio dos socios patexeiros. Pola miña parte, continuei rascando e pintando o resto do enxaretado da Desexada, acabando dúas parrillas máis. Só queda unha, que xa deixei rascada e tratada co alcatrán. En canto poda, a ver se remato de rascala por dentro para poder seguir trabal