Xornada do curso do sábado 10 de marzo

Cun pouquiño de retraso vos chega o resumo da xornada do pasado sábado 10 de marzo. O motivo non é que esté máis vago ca nunca, non, non é ese. Como xa vos teño dito noutras ocasións, non quero que as novas se solapen demasiado, e a Desexada tamén merecía dar conta de que empezaban os traballos nela.

Pois ahí vai o resumo e algunhas fotos do curso desa xornada.

Mentres os Patexeiros nos adicábamos a traballar na cuberta da Balbina, os cursillistas estiveron toda a xornada facendo os cintóns de fora. Na xornada anterior estiveran cos de dentro.

Nesta xornada fallaron algúns dos habituais, razóns terían, pero que sepan que se perderon unha boa merendola a base de unha bandexa repleta de buñuelos e rosquillas que amáblemente nos trouxeron a muller e a filla de Pepe o mestre carpinteiro. Co seu cafeíño quente, que non faltou.

Estaban tan bós que non sei se lle quedaría nin a bandexa para levar de volta.

Ó final da tarde quedaban rematados os cintóns.

Está claro que non se vai dar rematada a buceta neste cursiño, pero do que estamos seguros e que a ningún se lle vai a olvidar como se despeza, corta e monta unha caderna.

Nas poucas semáns que quedan para rematar o curso, os mestres intentarán que polo menos poidan ver un pouco dos procedementos que quedan por facer.

Un pouco do banceado, un pouco de poñer os bancos, tamén botar a cuberta, etc... Non se dará rematado pero intentarán empezar para que os alumnos vexan como se fai.

Palmeirán

Comentarios