Traballos na Desexada

Este venres pola tarde, e unha vez temos á Balbina no mar, estiven traballando na Desexada.

Adiquéime primeiro á zona de proa, rascando pintura do pañol.


Como facía tanto calor dentro do pañol e se sudaba a gota gorda, me puxen a reparar a cuberta de proa, xa que ademáis aproveitaba para broncearme un pouco, que un ten que lucir un bo aspecto ainda que nunca saia nas fotos.

Empecei por lixala, recravala, e recravar toda a brazola, que estaba solta.

Logo me puxen a facerlle os pechos de madeira que leva entre táboa e táboa. Quería facerllos nunha madeira de cor escura para que quedara máis bonito, pero como non atopei ningunha taboa axeitada ó final foron de piñeiro.

Tamén aproveitei para lixar a tapa da regala por ver o estado no que estaba. E está bastante ben, así que cunha man de mexunxe quedará perfecta.

Empecei a recoller, e como son multitarea, antes de irme, empecei a montar o que será a tapa do pañol de popa da Balbina. E así vai quedando.


Mañán, máis.

Palmeirán

Comentarios