Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2012

Traballos na Desexada

Imaxe
Este venres pola tarde, e unha vez temos á Balbina no mar, estiven traballando na Desexada. Adiquéime primeiro á zona de proa, rascando pintura do pañol. Como facía tanto calor dentro do pañol e se sudaba a gota gorda, me puxen a reparar a cuberta de proa, xa que ademáis aproveitaba para broncearme un pouco, que un ten que lucir un bo aspecto ainda que nunca saia nas fotos. Empecei por lixala, recravala, e recravar toda a brazola, que estaba solta. Logo me puxen a facerlle os pechos de madeira que leva entre táboa e táboa. Quería facerllos nunha madeira de cor escura para que quedara máis bonito, pero como non atopei ningunha taboa axeitada ó final foron de piñeiro. Tamén aproveitei para lixar a tapa da regala por ver o estado no que estaba. E está bastante ben, así que cunha man de mexunxe quedará perfecta. Empecei a recoller, e como son multitarea, antes de irme, empecei a montar o que será a tapa do pañol de popa da Balbina. E así vai quedando. Mañán, máis.

Evolución do curso de carpintaría

Imaxe
A semán pasada non vos fixen resumo do curso de carpintaría, así que o xunto co desta semán. O pasado sábado 17, os alumnos adicáronse, baixo a supervisión dos mestres, a empezar co reforzo transversal da buceta. Se nas xornadas anteriores se adicaron ó reforzo lonxitudinal, metendo os cintóns, agora lle tocaba ós bancos, que reforzan moito a estructura e ós baos das cubertas de proa e popa. Nese sábado deixaron colocado un banco e o bao donde remata a cuberta de proa. Ademáis tamén cortaron e deixaron dispostos para cravar o resto dos baos das dúas cubertas e o outro banco. A estas alturas do curso, os alumnos xa forman un bo grupo de traballo, con bastante autonomía, xa non dependen para todo dos mestres e fan eles a maioría dos traballos. Onte, nunha nova xornada, continuaron asentando e cravando todos os baos. Colocaron o segundo banco e cortaron e dispuxeron todos os medios baos na súa situación, para o seguinte día deixalos todos asentados e cravados.. No te

Xornada do curso do sábado 10 de marzo

Imaxe
Cun pouquiño de retraso vos chega o resumo da xornada do pasado sábado 10 de marzo. O motivo non é que esté máis vago ca nunca, non, non é ese. Como xa vos teño dito noutras ocasións, non quero que as novas se solapen demasiado, e a Desexada tamén merecía dar conta de que empezaban os traballos nela. Pois ahí vai o resumo e algunhas fotos do curso desa xornada. Mentres os Patexeiros nos adicábamos a traballar na cuberta da Balbina, os cursillistas estiveron toda a xornada facendo os cintóns de fora. Na xornada anterior estiveran cos de dentro. Nesta xornada fallaron algúns dos habituais, razóns terían, pero que sepan que se perderon unha boa merendola a base de unha bandexa repleta de buñuelos e rosquillas que amáblemente nos trouxeron a muller e a filla de Pepe o mestre carpinteiro. Co seu cafeíño quente, que non faltou. Estaban tan bós que non sei se lle quedaría nin a bandexa para levar de volta. Ó final da tarde quedaban rematados os cintóns. Está claro que non se

Limpeza da Desexada

Imaxe
Este sábado pola mañán, mentras eu traballaba na Balbina, Jaime estivo limpando a fondo a Desexada para tela a punto e empezar a traballar nela en canto se acabe coa Balbina. Estivo ca hidrolimpadora dándolle por fora e por dentro, dándolle cun cepillo e quitándolle toda a porquería acumulada dentro. Unha vez acabou, valdeóuna cuns caldeiros de auga do mar. Despóis unéusenos, a Martiño, quen chegou ó mediodia para traballar na Balbina, e a min, e estivemos toda a tarde traballando no barco. Podedes ver máis detalles no propio blog da Balbina. Palmeirán

Traballos no local

Imaxe
O pasado venres pola tarde xuntámonos no local Patexeiro de Lorbé para seguir adecentando o novo espacio que habilitamos para oficina e museo Patexeiro. Como en toda Asociación xeneramos e manexamos moitos documentos e non convén telos mixturados co material de traballo, por iso decidimos facer esta pequena oficina, dentro do pouco espacio que temos no local. Tamén, como xa temos almacenado certo material que nos van cedendo, sobre todo ferramenta antígua, así como o material que estaba abordo da Balbina cando nos fixemos con ela, decidimos crear unha especie de pequeno museo Patexeiro, que como xa tedes visto noutras reportaxes deste blog, levamos a algúns eventos nos que participamos. Así que este venres estivemos Francisco e máis eu acabando de pintar, montando unha mesa e ordenando xa un pouco as cousas que van a ir para esa zona. Ainda falta un pouco para rematalo, pero xa vai quedando chuliño. A pena é que non mida 100 metros cadrados.  Palmeirán