Movemento

Este fin de semán xuntámonos cinco Patexeiros en Sada para asentar a Desexada no carro e trasladala ó noso local de Lorbé para poñela a punto de cara á vindeira primavera.

É un barco moi pesado e fan falla  homes para movelo.

Unha vez rematado o procedemento, pasamos polo famoso bar Pescador de Sada a darlle unha visita á Copa Balbina, que está alí exposta ata a vindeira edición, para disfrute diario do vencedor deste ano, o Patexeiro Jaime Paz, e para envidia dos aspirantes a gañar este prestixioso trofeo.



Nada máis chegar a Lorbé, chámanos Martiño que estaba parado co remolque porque o barco se deslizara un pouquiño e antes de que pasase algo, ainda que só faltaban 2 Kms, decideu parar para recolocalo. E alá nos fomos.

Sobre a unha e media estábamos xa en Lorbé co barco.

Agora espéralle un bó lavado, rascar a pintura, reparar unha pequena via de auga que tén e pintala toda para que volva a lucir coa sua impresionante estampa esta primavera.

Pola tarde unha nova xornada do Curso de carpintaría, que continua con bó ritmo.

Nas xornadas pasadas xa se fixeran as plantillas das seis cadernas restantes, as tres de proa e as tres de popa  e o sábado pasado despezáronas todas.

Onte tocou ensamblar as tres da proa, repasalas co bastrén e cepillo,  e asentalas xa no barco.


Os novos alumnos estiveron practicando coa mesa de elevacións para lle dar os "cartamóns" precisos en cada liña de augas. Logo ensamblaron as cadernas, mentres os alumnos que veñen xa doutros módulos anteriores as asentaban no armazón.


Antes de rematar a xornada démoslle unha imprimación de fondo protector.


Para a vindeira semán colocaránse as tres últimas da popa e xa empezaremos con algo novo, un paso máis na buceta.


Palmeirán

Comentarios