Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2012

Curso de carpintaría: Empezamos cos cintóns

Imaxe
A pasada semán no curso de carpintaría colocaron a contra roda e o contra codaste na buceta. Como non poidemos ir ningún Patexeiro non se poido facer o resúmen do mesmo. Pero podedes ver o traballo nas fotos. Esta semán os cursillistas adicáronse a facer e colocar os cintóns interiores da buceta. Todos pasaron polas distintas fases do proceso e deixaron a súa "firma" nos cintóns. Ó final da tarde, Moncho púxose a darlle o alcatrán ás últimas cadernas mentras vemos a Jorge, rematando un cintón na popa.. Palmeirán

PATEXEIROS FASHION WEEK (Antíguamente Pasarela Lorbé)

Imaxe
Ainda que con un pouquiño de retraso xa temos aquí a nova colección Inverno 2012 da moda Patexeira. Cazadoras náuticas e camisetas polares a prezos anticrisis. Este inverno vístete de moda, abrígate e colabora coa causa patexeira. Podedes ver todo o merchandising na pestaña da TENDA PATEXEIRA Palmeirán

Traballos na Desexada

Imaxe
Este venres, antes de empezar a traballar na Balbina, ataquéille un pouco á Desexada, que tamén está varada para poñela a punto de cara á vindeira tempada. Así que como fora facía algo de fresco, e logo ainda había que aguantar o nordés a bordo da Balbina, púxenme a rascar o enjaretado, a ver se son quén de deixalo madeira vista para tratalo con alcatrán e lasur, e que quede co mesmo aspecto que a cuberta do bote. Pouco tempo estiven xa que chegou o compañeiro Pepe e indicaba que hai que ir traballar na Balbina, pero éste foi o aspecto no que deixei o traballo. Palmeirán

Novas sobre o X Encontro no Faro de Vigo de onte

Imaxe
O Faro de Vigo na súa edición do xoves 9 de febreiro, faise eco das accións que se están estudando no seno da FGCMF para protestar polo impago, por parte do Concello de Vilagarcia de Arousa, da débeda contraída no X Encontro, celebrado en Carril (Vilagarcía de Arousa), que ascende a maís de  20.000 euros. Esta débeda pon en cuestión a celebración do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se tiña previsto para o vindeiro ano. Podedes ver máis información sobre o tema na Páxina da FGCMF  

Movemento

Imaxe
Este fin de semán xuntámonos cinco Patexeiros en Sada para asentar a Desexada no carro e trasladala ó noso local de Lorbé para poñela a punto de cara á vindeira primavera. É un barco moi pesado e fan falla  homes para movelo. Unha vez rematado o procedemento, pasamos polo famoso bar Pescador de Sada a darlle unha visita á Copa Balbina, que está alí exposta ata a vindeira edición, para disfrute diario do vencedor deste ano, o Patexeiro Jaime Paz, e para envidia dos aspirantes a gañar este prestixioso trofeo. Nada máis chegar a Lorbé, chámanos Martiño que estaba parado co remolque porque o barco se deslizara un pouquiño e antes de que pasase algo, ainda que só faltaban 2 Kms, decideu parar para recolocalo. E alá nos fomos. Sobre a unha e media estábamos xa en Lorbé co barco. Agora espéralle un bó lavado, rascar a pintura, reparar unha pequena via de auga que tén e pintala toda para que volva a lucir coa sua impresionante estampa esta primavera. Pola tarde unha nova xorn