Fin de semán movido
Este fin de semán tivemos varios eventos Patexeiros. O venres pola tarde estiven no local del Lorbé pintando as cadernas que se colocarían o sábado no cursiño e preparando un pouco o local para a Asamblea anual dos Patexeiros. O sábado pola mañán celebramos a nosa Asamblea anual ordinaria onde se aprobaron as actas anteriores, se informou ós socios do estado das contas, falamos das actividades desenvoltas no ano 2011 e tamén fixemos as propostas de actividades para este ano 2012, que se centrarán en ter a nosa flota a punto. Tras debatir varios temas douse por finalizada e pasamos a degustar uns pinchos mentres esperábamos que por mar chegase a Copa Balbina dende Ares, a bordo do Osorio, o patrón e barco gañador da edición 2010, para facer a entrega da Copa e un trofeo acreditativo ó gañador do 2011, o Patexeiro, Jaime. A Copa chegou por mar, como debe ser, dende Ares. Foto de José Antonio de Ares Nestas fotos podedes ver como Pepe felicita e entrega a Copa Balbina ó n