Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2011

Curso de Carpintaría de ribeira - Aberta inscrición

Imaxe
Ábrese inscrición ata cubrir prazas vacantes para este vindeiro módulo de 50 horas do Curso de Carpintaría de ribeira. - O cupo, será limitado a 15 asistentes. Actualmente xa hai 6 prazas cubertas por alumnos que continúan doutros módulos. - As inscricións serán por riguroso orden de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com  - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais. - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica. - Como obxectivo do curso, continuarase traballando nunha buceta do norte que se empezou en módulos anteriores partindo de plantillas. - Traballaremos nunha lancha duns 8 metros colocando o forro e cuberta - Facilitarase material de seguridade ós asistentes: gafas protectoras, guantes, batas. - Entregarase a cada asistente material teórico en soporte dixital. - As xornadas do curso desenrolaranse os sábados dende as 16:00 horas. Prégase puntualidade. - En cada xornada haberá un pequeno descanso de 15 minu

OS PATEXEIROS CONSTRUIRÁN UNHA GOLETA DE DOUS PAUS

Imaxe
Tras o barapau que supuxo que Portos de Galicia cancelase a construcción da goleta nun asteleiro galego por falta de presuposto, a carpintaría de ribeira en Galicia quedou doente. Os Patexeiros, no seu afán de promover a cultura marítima e fomentar o oficio dos carpinteiros de ribeira, xa acreditado cos numerosos cursos de carpintaría de ribeira, que vimos desenvolvendo nos últimos anos, decidimos embarcarnos nun proxecto de embergadura. Entramos en conversas cun amigo noso, enxeñeiro naval e deseñador, que nos fixo o deseño e o proxecto completo sen ter que desembolsar nin un so euro. A idea é construir unha goleta de 2 paus, de 25 metros de eslora e 6,5 de manga e casi 3 metros de calado, cunha fasquia similar á goleta América, que como sabedes foi a que dou nome á prestixiosa Copa América. A goleta aparellará duas cangrexas con escandalosas, foque e trinqueta, e da confección das velas se encargará unha empresa galega. Levará un sistema novidoso para manobrar as esc

Bo Nadal

Imaxe
Os Patexeiros desexámosvos que pasedes un Bo Nadal e que naveguedes sempre con bo rumbo.

Curso de Carpintaría - Seguimos coas cadernas

Imaxe
Onte sábado continuamos armando as cadernas restantes. Fixemos varios grupos, uns cortaban as pezas que faltaban, outros estaban ensamblándoas a un lado do taboleiro mentres outro grupo empezaban a marcar outra caderna, outros remataban as que estaban ensambladas, todo o persoal ocupado. Tamén aproveitamos para darlles unha imprimación de fondo de cara ó parón do Nadal. Ó conxunto roda-quilla-codaste aplicámoslle unha man dunha mezcla ó 50% a base de alquitrán vexetal e un lasur cor roble. A ver se conseguimos, ademáis de protexela, que a madeira non se retorza. As cadernas levan o mesmo tratamento. Como era o último día antes das vacacións de Nadal, aproveitamos para facer un brindis pola carpintaría de ribeira e meter uns polvoróns no corpo. Por outra banda, a lancha de Pepe xa ten colocado o trancanil, en iroko. Está quedando moi bonita. Palmeirán

CONFLICTO FGCMF - CONCELLO DE VILAGARCIA

Imaxe
Xa sabedes que sempre procuramos non solapar as novas no blogue, intentando que permanezan polo menos unha semán en primeira páxina, pero neste caso, a petición da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, da que tamén somos membros, publicamos estas novas sobre o conflicto que hai entre a Federación e o Concello de Vilagarcía dende que éste último se negou a facerse cargo da débeda contraída ca Federación dende o pasado Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrado en Carril - Vilagarcía este verán. Enviamonsvos as declaracións do Alcalde de Vilagarcía na Voz e en Diario de Arousa relacionadas coa débeda que o Concello ten co X Encontro http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/12/13/0003_201112A13C5994.htm El Concello no asumirá el déficit de los Encontros Tradicionais de Carril (Diario de Arousa 13-12-2011) Redacción > Vilagarcía El alcalde, Tomás Fole, dejó claro ayer que el Concello de Vilagarcía no está dispuesto a asumir el déficit de los Enco

Nova xornada do Curso de Carpintaría

Imaxe
Nesta xornada adicámonos a traballar en casi a totalidade das cadernas que nos faltaban por rematar. Mentras uns nos poñíamos a darlle os remates (igualalas co bastrén, lixalas, etc...) ás que quedaron armadas da xornada anterior, outros iban armando novas cadernas. E o resto do grupo preparaba as que quedaran despezadas da xornada anterior, pasándoas pola cepilladora, e pola regruesadora, para logo proceder a perfilalas na serra de cinta. A ver se para a vindeira semán xa podemos armar algunha sobre o armazón roda-quilla-codaste. Por outra banda os traballos na lancha de 8 metros de Pepe xa van moi adiantados. Xa ten todos os baos botados, e en poucos días empezarase co forro e coa cuberta.

O Museo Etnográfico de Artes (Ribeira - A Coruña)

Imaxe
A uns 3 Kms do centro de Ribeira, pola estrada que vai ó mítico cabo de Corrubedo, atópase a parroquia de Artes. Este pequeno núcleo de menos de 1000 habitantes, pode ser que teña un grande record. Poderíamos decir que é unha das parroquias máis cultas do mundo, xa que nos seus escasos 6,3 Kms cadrados de superficie alberga dous interesantísimos museos. Por un lado está o Museo do Grabado e a Estampa , moi cerca da igrexa parroquial, e pola outra banda da estrada xeral, no lugar de Sego, atópase o Museo Etnográfico de Artes , que será o que ocupe hoxe un espacio na noxa páxina. Este pequeno, pero interesante museo, creado pola iniciativa dos veciños, ocupa os baixos do Centro Cultural e Recreativo de Artes, e seguramente sexa un dos grandes descoñecidos para a poboación. Fixen unha pequena enquisa entre amigos e coñecidos da zona e uns me decían que oíran falar del pero que nunca foran, e outros nen sequera sabían da súa existencia. Incluso lle preguntei á señora do bar do Centr