O X Encontro segue dando moito que falar, ¡¡¡e que cobrar!!!

Ben, como sabedes moitos de vós, tras a celebración do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que tivo lugar este ano en Carril, quedaron moitos flecos pendentes. Tantos como 21.000 flecos que o Concello de Vilagarcía non aportou para a celebración do Encontro e que tiña comprometido que así o fixera. Pero o cambio de goberno deixou o tema no aire.
Para os que queirades máis información sobre o tema remítovos á nova da páxina da FGCMF dónde se dá conta do tema.
A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, da que Os Patexeiros tamén somos membros, decidiu asistir ó pleno que este pasado luns se celebrou no Concello de Vilagarcía, para dar a coñecer a súa postura e intentar que no pleno se aprobase que o Concello asumira a deuda que ten contraída coa Federación. E así foi, varios compañeiros da Federación asistiron ó pleno.
Pois ben, se queredes saber o resultado, vos remito de novo á páxina da FGCMF para ver o desenlace deste primeiro contacto, tras o Encontro, cos representantes do Concello.

(Foto de Lino Prieto, publicada na páxina da FGCMF)

Palmeirán

Comentarios